Amosando publicacións coa etiqueta CREATIVIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CREATIVIDADE. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de abril de 2016

VÍDEO NÚMERO 11



Había un tempo que non poñiamos un vídeo en Vilatrasna. Hoxe toca vídeo.
 

Nel vedes os nenos e nenas traballando sobre a obra de keith Haring, un artista urbano que centrou a súa obra nos grafitis. Viveu na cidade de New York, así que estivemos comentando e vendo imaxes da mesma pola súa peculiaridade.  Tamén veredes que están xogando cos zancos en psicomotricidade, fomos a practicar un ratiño a coordinación e  o equilibrio mentres se enfriaban os osiños de cera que fundimos no forno. Vese tamén un fragmento da obra Carapuchiña no deván do Teatro do Andamio e imaxes da celebración do día da árbore.

xoves, 25 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO



CANTA PAXARÍÑO ALEGRE,
CANTA!
CANTA PORQUE O MILLO MEDRE,
CANTA!
CANTA PORQUE QUE A LUZ TE ESCOITE,
CANTA!
CANTA QUE FUXEU A NOITE.


Seguindo a perspectiva de mulleres con vidas intesantes, onte falamos de Rosalía de Castro e aprendimos esta estrofa de "Alborada" de Cantares gallegos. 
Debuxamos libremente o paxariño na postal escribimos por detrás a quen lla íamos a regalar. 
Esta iniciativa debémoslla á asociación de escritoras e escritores en lingua galega.

DEIXANDO FLUÍR A CREATIVIDADE

Cada vez xurden mais estudos sobre a importancia de potenciar a creatividade nas escolas. A creatividade constitúe unha cualidade que empeza a ser tremendamente demandada no mundo laboral actual e con perspectivas de manterse no futuro.
Tradicionalmente a escola se encargaba de transmitir coñecementos; actualmente  a escola enfréntase a novos retos de renovación, non só chega con transmitir, hai que manter e potenciar a creatividade infantil, para que sexan capaces de imaxinar, inventar, crear na sociedade que lles tocará vivir.
Para empezar a saber máis deste tema, o educador Ken Robinson proporciona unha visión distinta e interesante da escola.

Neste sentido vimos desenvolvendo algunhas actividades libres que inciten a "crear diferente", e valorar esa diferencia.
_ Pintamos con pompas de xabrón,  e construímos un collaxe libremente.
_Traballamos algúns retratos de Picasso empregando cores cálidas e frías.