venres, 5 de decembro de 2014

A CONSTITUCIÓN EN VILATRASNA

Co motivo da celebración do día da Constitución, Estatuto de Autonomía de Galicia e Dereitos Humanos que é de obrigada celebración nos centros sostidos con fondos públicos, hoxe falamos sobre as BANDEIRAS.

Estas son as ideas que xurdiron en asamblea:

¿Onde hai bandeiras?

_ Os piratas teñen bandeiras.
_ Nos circos tamén hai.
_ Nos castelos.
_ Nos partidos de España.

 Cando xurde a idea de que nos partidos de España hai bandeiras de España, falamos de que cada país ten a súa bandeira, así, se introduce a bandeira de España e a de Galicia, comprobamos as cores, o tamaño, a forma e o material.

¿De que están feitas?

Nun principio pensan que son de papel, están bastante convencidos pero cando se poñen de acordo en que as bandeiras se sitúan no exterior, pensando na chuvia e no vento... non aguantarían, entón xurden novas ideas como que deben ser feitas de la e finalmente toma forza a idea de que son de tea, aínda que antes esbotaron ideas de que foran de madeira ou ladrillo.

¿Que forma teñen?

Algunhas son triangulares e a maioría rectangulares... 

¿Para que serven?

Traballamos sobre a idea de identificación e pertenza a un grupo.


Estamos a elaborar un libriño sobre os dereitos de IGUALDADE, SANIDADE, VIVENDA E RESPETO POLAS DIFERENCIAS,  verédelo ao rematar este trimestre.