Había un tempo que non poñiamos un vídeo en Vilatrasna. Hoxe toca vídeo.
Nel vedes os nenos e nenas traballando sobre a obra de keith Haring, un artista urbano que centrou a súa obra nos grafitis. Viveu na cidade de New York, así que estivemos comentando e vendo imaxes da mesma pola súa peculiaridade. Tamén veredes que están xogando cos zancos en psicomotricidade, fomos a practicar un ratiño a coordinación e o equilibrio mentres se enfriaban os osiños de cera que fundimos no forno. Vese tamén un fragmento da obra Carapuchiña no deván do Teatro do Andamio e imaxes da celebración do día da árbore.
Ningún comentario:
Publicar un comentario