mércores, 6 de abril de 2016
VISITA DE SERGIO, CAMIONEIRO
Este martes tivemos a sorte de contar con Sergio, papá de Rubén. Veu a contarnos en qué cosistía ser camioneiro. Coñecimos curiosidades e misterios da súa profesión que nos gustaron moito. Descubrimos que o seu camión ten 12 rodas, que é tan grande que non podería baixar polo acceso da escola e incluso que dentro leva unha cama para pasar a noite. Co camión viáxase moi lonxe, tan lonxe como ir a Alemania, que leva catro días, menos mal que ten a cama para durmir... As súas botas de seguridade tamén nos sorprenderon xa que levan ferro por dentro, probamos a ver o duras que resultaban. Finalmente pintamos cadanseu camión escribindo palabras relacionadas.
Que atentos estamos sempre que veñen as familias!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario