Na aula de 5 anos levamos xa moito tempo traballando a
composición e descomposición numérica a partir das regretas…ou dito doutro
xeito, como tendo a regreta do 5(ou de cor amarela) por exemplo, podo atopar
outras duas que colocadas ao seu carón
teñan o mesmo valor.
Xogando moito deste xeito, aprendemos a competir no bo
sentido da palabra, pois Beti vainos marcando retos que nos fan concentrarnos
cada vez máis, e pensar diversos resultados que nos leven a obter novas e máis
complexas solucións.
Así, e case sen darnos conta, imos atopando resultados moi, pero que
moi interesantes. Facémolo pasiño a pasiño, pois temos que
lembrar que cada un de nós é diferente e leva o seu ritmo!!! A día de hoxe xa
traballamos con todas as regretas , e ademais de buscar como compor o 7 con
duas regretas:
7
igual a 4 máis 3
7 igual a 5
máis 2
Buscamos resultados máis complexos no que interveña un maior
número de regretas:
7 igual a 4
máis 1 máis 1 máis 1
5 igual a 1
máis 1 máis 1 máis 1 máis 1
E así con cada regreta, cada un seguindo o seu proceso!!
Dende esta actividade, dar o salto á suma é facilísimo, e o
mellor de todo é que estamos traballando esa primeira operación de xeito
significativo. Entendemos moi ben o que facemos , así para nós a suma é máis
que unha mera técnica de “xuntar”.
Parabens a este grupo de nenos e nenas que tanto están a
disfrutar coas matemáticas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario