A semana pasada estivo cargada de visitas, comezamos o martes coa visita de Jesús, perruqueiro de sempre de Vilarrodís. Os nenos e nenas pasaron un rato moi divertido cos útiles de perruquería, os peites, os cepillos, o tinte, o secador... ademais levaron de recordo un peite para a casa e unha mostra de colonia que algúns non resistiron abrir antes de chegar á casa.
Grazas Jesús!
Ningún comentario:
Publicar un comentario