venres, 5 de decembro de 2014

A CONSTITUCIÓN EN VILATRASNA

Co motivo da celebración do día da Constitución, Estatuto de Autonomía de Galicia e Dereitos Humanos que é de obrigada celebración nos centros sostidos con fondos públicos, hoxe falamos sobre as BANDEIRAS.

Estas son as ideas que xurdiron en asamblea:

¿Onde hai bandeiras?

_ Os piratas teñen bandeiras.
_ Nos circos tamén hai.
_ Nos castelos.
_ Nos partidos de España.

 Cando xurde a idea de que nos partidos de España hai bandeiras de España, falamos de que cada país ten a súa bandeira, así, se introduce a bandeira de España e a de Galicia, comprobamos as cores, o tamaño, a forma e o material.

¿De que están feitas?

Nun principio pensan que son de papel, están bastante convencidos pero cando se poñen de acordo en que as bandeiras se sitúan no exterior, pensando na chuvia e no vento... non aguantarían, entón xurden novas ideas como que deben ser feitas de la e finalmente toma forza a idea de que son de tea, aínda que antes esbotaron ideas de que foran de madeira ou ladrillo.

¿Que forma teñen?

Algunhas son triangulares e a maioría rectangulares... 

¿Para que serven?

Traballamos sobre a idea de identificación e pertenza a un grupo.


Estamos a elaborar un libriño sobre os dereitos de IGUALDADE, SANIDADE, VIVENDA E RESPETO POLAS DIFERENCIAS,  verédelo ao rematar este trimestre.




venres, 28 de novembro de 2014

NADAL SOLIDARIO




A escola decidiu colaborar con unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas mediante a xestión do Centro Comercial Aberto de Arteixo. 
Cada neno/a elaborou unha postal coa axuda da súa profe, as nosas son as que podedes ver nas imaxes.  As postais estarán situadas nalgún comercio do que vos informaremos puntualmente;  poderedes trocar  a postal do voso neno/a  por un kilo de comida non perecedeira. 

Fixémolas con moito agarimo! esperamos que vos gusten!












venres, 21 de novembro de 2014

INVESTIGAMOS SOBRE AS PLANTAS

 
Comezamos a investigar sobre o mundo das plantas. Deixovos algunha transcripción dalgunhas das ideas previas que xurdiron o primeiro día que falamos do tema:

  • Ás prantas hai que darlles de beber, hai que regalas porque as raices beben, así medran.
  • As flores saen da terra, das plantas, da herba.. (seguiremos investigando este tema). 
  • As plantas serven para: para plantar, para coidar, para as vodas, para que den flores, para comer os animais (coellos, vacas, cabalos..),  tamén os humanos comen brocoli, leituga, cenoria...
  • Os animais que comen herba chámanse herbívoros.

Para observar como xermina unha semente plantamos por parellas lentellas, nas fotos estamos comprobando como medran; podemos distinguir claramente as partes das plantas: raíz, talo e follas.

No noso recuncho natural contamos tamén con un ALOE VERA  co que descubrimos que algunhas prantas serven para cicatrizar máis rápido as pequenas feridiñas que nos facemos.

Contamos tamén con unha ALEGRÍA que nos acaba de regalar dúas flores fuxias preciosas. 

Igual que facemos co noso peixiño, coidaremos estas plantas na aula, aprendendo respecto e responsabilidade polo medio natural e animal. 

Esta semana que entra, poñeremos en auga ramiñas de ALEGRÍA para que lles sallan raíces e poder plantar cadansúa ALEGRÍA.




domingo, 2 de novembro de 2014

SAMAIN E MAGOSTO 2014

Para a celebración do SAMAÍN  e o MAGOSTO preparamos dúas cancións, a segunda delas relacionada con un conto.

canción dos esqueletes 

Lobo Feroz Contos en Cantos OQO






Gracias de novo pola vosa colaboración na exposición de cabazas, cada ano saen máis orixinais! 

NA EXPOSICIÓN DE CABAZAS

PELANDO E COMENDO CASTAÑAS
ACTUACIÓN

ANTES DE MARCHAR CO CASTAÑEIRO PARA A CASA




APERTAS GRATIS


Familias:
 aquí vos deixo un vídeo grabado hai unhas semanas, presenta unha actividade rutinaria na aula sobre a educación emocional. 
Temos un carteliño que o encargado emprega cada día na asamblea se desexa unha aperta de alguén, ademáis, en calquera momento da xornada, se sentimos a necesidade de ofrecer ou recibir apertas, podemos acudir ao cartel para facer saber ao resto que ofrecemos:

APERTAS GRATIS.

Con esta actividade preténdese desenvolver actitudes de axuda, colaboración e comprensión entre os nenos e nenas, fomentando a amizade e a resolución pacífica de conflitos. 




martes, 7 de outubro de 2014

FROITOS DO OUTONO

Buscando cogumelos polo patio
Observar pero non manipular, evitando perigos.


confeccionamos un libro sobre froitos do outono.

Andivemos buscando letras A nas palabras

Todo libro debe ter portada e título, aquí estamos mans á obra.

O resultado das nosas pesquisas outonais.


Entrando de cheo no OUTONO, estivemos tratando os froitos típicos desta estación do ano. Serviunos para seguir fixándonos nas palabras e buscando letras que pouco a pouco imos recoñecendo.  No patio descubrimos que medran cogumelos e que o noso carballo da landras.  Algúns nenos/as trouxeron da casa algunha froita como figos, mazá, laranxa ou pera, xunto con uvas e unha granada fixemos unha macedonia estupenda. Como froito seco, polo momento,  probamos as noces, e nunhas semanas seguro que tamén damos boa conta das castañas.

Por unha alimentación sana e natural.


mércores, 1 de outubro de 2014

PEIXIÑO VOLTOU DE VACACIÓNS

Peixiño por fin voltou de vacacións! estivemos preparándolle a casa para que esteña cómodo. Adicamos tempo a contar as pedriñas de cores da peixeira, cada vez somos máis habilidosos contando cantidades e recoñecendo números. Durante a asamblea xogamos con dominós, dados, regletas... plantexamos xogos sinxelos que nos axudan a desenvolver a capacidade lóxico-matemática.
Peixiño recórdanos que é preciso ser responsables cos animais, que debemos coidalo e respetar o seu medio, un ano máis participamos en VOZ NATURA.





martes, 23 de setembro de 2014

MARILUZ AVESTRUZ

Comezamos o trimestre coñecendo a MARILUZ, unha avestruz que nos fixo rir coas súas aventuras e cantar coa súa pegadiza melodía (podes atopala facilmente en youtube). Hoxe chegou ás vosas casas o resultado do noso traballo con pasta de modelar, fixemos candansúa Mariluz.
Estas semanas tamén lle estamos adicando tempo aos puzzles novos que chegaron á aula. Agora teñen máis pezas e procuramos aprender a pedir axuda a un compañeiro/a se non somos capaces. No video podedes ver unhs puzzles de distintos contos populares.


 

sábado, 21 de xuño de 2014

BO VERÁN



Adicamos esta última semana  a fomentar a alimentación saudable, tanto con brochetas de froitas como elaborando unha ensalada coas leitugas da horta que plantamos. Os ingredientes foron: leituga, piña, melocotón, tomate cherri, e taquiños de queixo! 

O bo tempo permitiunos merendar fóra á sombra das árbores e ler alí un conto escoitando os paxaros cantar, todo un luxo! 

Pasade moi bo verán! 

Vémonos á volta.

Mada.

venres, 20 de xuño de 2014

FRESC@OS COMO LEITUGAS

Qué mellor xeito de despedirnos o último día que facer unha merenda todos xuntos, e se esa merenda  é saludable moito mellor!

A merenda consistiu nunha rica ensalada, na cal, o ingrediente fundamental, a leituga era unha das nosas leitugas da horta.

Ademais diso botámoslle tomate, queixo, atún piña, aceite e limón.  















¡ATA PRONTO!

Queridas familias:

Rematou o curso e por diante quédanos un longo verán que espero que gocedes moito. 

Neste curso 2013-2014 traballamos duro e aprendemos moitísimas cousas e o vindeiro curso seremos os maiores da escola!

Moitas grazas por todo.

¡FELIZ VERÁN!






mércores, 18 de xuño de 2014

MATES NA AULA DE TRES ANOS

Durante o curso xogamos con cantidades, pesos, figuras, números... 
Deste xeito,  instauramos conceptos de lóxica-matemática básicos para o futuro.
Clasificamos por cores, tamaños, formas, cantidade...
Dividimos rosquillas, filloas no entroido partindo e repartindo ata ter para todos.
Facemos votacións para elexir xogos enumerando os integrantes de cada elección ...
Xogos con cartas, con bolos, con dados con números e puntos, con regletas, con dominós..
Seriación con dous elementos empregando tapóns de brick..

Todo para incidir en aspectos básicos da construcción do número: clasificación, seriación, enumeración e inclusión.

Que divertido resultou xogar ás mates!!





martes, 17 de xuño de 2014

VISITA DE ALUMNADO DO CEIP GALÁN


Hoxe foi un día intenso en Vilatrasna!
Recibimos a visita de nenos e nenas de primaria do CEIP GALÁN que nos cantaron, nos contaron, e nos escenificaron ! que marabilla poder velos para tomar recortes para as nosas actuacións.
Ademais celebramos o aniversario dos nenos e nenas que cumplen durante o terceiro trimestre e verán.
PARABÉNS a:  JACOBO, NOEMÍ, SOFÍA E AITOR SILVA !

¡¡CUMPLEAÑEANDO!!



                          ¡¡¡ PARABÉNS TRASNIÑ@S E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!!!