domingo, 10 de abril de 2016

RECICLANDO CERAS




 

Hoxe déixovos unhas fotos sobre esta actividade de reciclaxe que incluímos dentro do programa Voz Natura.
Tiñamos algunhas ceras que foran rompendo e se fixeran moi pequeniñas para pintar. 
Con axuda do forno e dun molde de silicona con forma de osos, fixemos esta cousa bonita!
Como se dunha receita se tratara, cortamos e pegamos os pasos que tivemos que ir dando para elaborar os osos de cores. Para que saíra ben a ficha, tivemos que ler as palabras antes de pegalas no sitio axeitado.
Pasouse a mañá voando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario