domingo, 24 de abril de 2016

VISITA DE JAVIER, CONSTRUCTOR

Rematamos a tanda de visitas recibindo a Javier, papá de Sara. Adícase a construir casas,  e veu cargado con un montón de materiais que usan a diario nas obras, os nenos e nenas quedaron encantados, non hai máis que ver as fotos, engancharon de marabilla!
O máis importante da obra é a seguridade das persoas, por iso nos puxemos cascos e chalecos reflectantes. Dividímonos en varios grupos: o grupo da estrutura, os fontaneiros, os electricistas, os de seguridade, os xardineiros e entre todos fixemos o debuxo dunha casa.
Javier trouxonos unhs chupachups para todos, pero non os repartirmos ata o venres que os trouxo a mamá de Sara.
Gracias por acompañarnos!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario