mércores, 29 de abril de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. SANDRA, A NAI DE NOA VARA

Hoxe veu de visita Sandra, a nai de Noa Vara. Sandra contounos un conto fermoso que titúlase Mamá. Despois de contar o conto falamos acerca das nosas mamás, do moito que nos queren e do moito que nós queremos ás nosas nais. 

Sandra contounos tamén que en alemán mamá dise muti, ela sábeo xa que naceu en Alemania aínda que veu para aquí cando era moi pequena.

A continuación xogamos con Sandra a "un saco para mamá cargado de..." un xogo de acumulación que fomenta a atención e a memoria e no que cada quen tense que lembrar das cousas que dixeron os seus compañeiros e engadir unha cousa máis. Tiñamos que pensar nas cousas que lle gustan a mamá. Ao final a cousa quedou máis ou menos así: 

Un saco para mamá cargado de: APERTAS, CARIÑO, BICOS, ESTRELAS, FLORES, UN PARCHÍS, TACÓNS, PINTA BEIZOS, GATIÑOS, COLONIA, PIZZA,CUMPLEANOS, TARTA,DEBUXOS,UNHA CHAQUETA NOVA, NÓS, UN VESTIDO NOVO, UN VESTIDO ROSA CON PURPURINA E BOMBÓNS.

Despois debuxamos á nosa nai mentres que Sandra e algúns vilatrasniñ@s foron ver a horta e a por letreiros das cousas que temos plantadas.

Para rematar "puzzleamos" un rato.







¡¡¡MOITAS GRAZAS SANDRA!!!


martes, 28 de abril de 2015

martes, 21 de abril de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. SANDRA, A NAI DE ADRIÁN.



O luns veu de visita a nai de Adrián, Sandra e estes trasniños non sei que lles pasou pero andaban ben alborotados!



Sandra que é catalá contounos que bos días en catalán dise “bon día”. Así que cando pasamos a lista dixemos os bos días en catalán.



Despois fomos á biblioteca onde escoitamos o conto de Diez patitos de goma, que está inspirado nun feito real. Grazas a este conto repasamos a numeración (cardinais) e recordamos algúns animais mariños e algunha característica como o son que fan ou o xeito de moverse.



De volta na aula tiñamos plantas aromáticas (melisa, romero, lavanda,menta y orégano) listas para trasplantar. Primeiro as fomos pasando para que as ulisen e logo ca axuda de Sandra as trasplantamos na nosa hora exterior. 








¡¡¡MOITAS GRAZAS SANDRA!!!

martes, 14 de abril de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. FERNANDO, O AVÓ DE MIGUEL.

O pasado luns veu contarnos un conto o avó de Miguel, Fernando, como era o día do bico o conto elixido foi Siembra un beso este conto trata dunha nena que sementa a planta dos bicos e comparte o seu froito coas persoas que ten ao seu redor, a planta dos bicos e do cariño é especial porque canto máis se comparte máis medra. Os avós e as avoas son moi sabios e o avó de Miguel deunos bos consellos acerca da amizade e do cariño que espero que estes vilatrasniñ@s aprendan ao pe da letra.

Despois voltamos a nosa aula onde lle ensinamos a Fernando  un xogo no que hai que repartir bicos, apertas e caricias... ¡Qué ben o pasamos!

Antes de despedirse Fernando quixo contarlle a estas trasniñas e estes trasniños un conto de cando él era cativo, un conto de contar que é asi:

A SUBASTA DO MARTELO:

TEÑO UN MARTELO DE RABO DE FERRO,

CATRO ME COSTOU E EN CINCO MO DERON,

SEIS VALE, SETE DAN POR ÉL,

O QUE TRAIGA OITO E ME DEA NOVE

LÉVAO EN DEZ.

Ao final sae caro este martelo... ¡moitas grazas Fernando por ensinarnos tantas cousas!












O TRACTOR DO AVÓ RAMÓN.







Xa chegou o tempo de plantar na nosa horta pero precisábamos dalguén que nos axudara a remover a terra. Soubemos que o avó de Noa Peteiro ten un tractor así que lle pedimos que viñera e Ramón, que así se chama, non o dubidou e veu co seu tractor a remover a terra. Nós que non nos queremos perder nada das labores do campo fomos mirar o proceso e algo tan sinxelo como isto foi pra nós toda unha festa. ¡Moitas grazas Ramón!










mércores, 8 de abril de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. YOLANDA, A NAI DE ALBA E ÁNGEL GARCÍA.

A última visita que tivemos na escola foi a de Yolanda, a nai de Alba e Ángel. veu contarnos o conto dos Sete Cabritos, un conto tradicional que nos encanta e non nos cansamos de escoitar. Este conto serviunos  de excusa para repasar a numeración e cantarlle cancións a Yolanda.

Ademais disto Alba e Angel ca axuda da súa nai faláronnos da eclipse que acontecera esa fin de semana, explicáronnos o que aconteceu, as gafas especiais que tiveron que facer e mostráronnos fotos do acontecemento.






¡MOITAS GRAZAS YOLANDA!

BIMBA CONOCE EL MUNDO

Hola mamás y papás:

Bimba va a ir a todas las casas como invitada especial.


Bimba lleva sus cosas:

un sonajero

cuatro salchichas

un plato

un peine

una cama

una manta

Bimba es la mascota de nuesta clase y hay que cuidarla bien.

Redactado y escrito por:

ANGEL ÁLVAREZ, HUGO, PAULA,ALBERTO, ÉRIKA, YAIZA, ARI,IKER,BRAIS, ALBA, ANGEL GARCIA, MIGUEL, ADRIAN, NOA PETEIRO, GAEL, XOEL, NOA VARA,  UXÍA, IVAN Y FELIPE.


Vilatrasna e as novas tecnolxías

Continuando co traballo de introducir a o noso alumnado no uso das novas tecnoloxías quixen que participaran no proceso de realización deste blogue. Así eles e elas deciden o que queren contar e cómo o queren contar.

Reunidos en asamblea o primeiro era decidir sobre qué tema querían facer a publicación no blogue, Gael aportou unha idea que foi aplaudida por tódolos seus compañeiros e compañeiras...quixeron contarlle ás familias que imos levar a Bimba pra casa.

Unha vez clara a temática o seguinte paso foi poñer título á publicación,isto resultoulles moi doado xa que cada día cando escoitamos contos xogamos a cambiarlle os títulos unha vez escoitado o conto, ou ben a inventarnos o título cando aínda non o limos.

Por último tiñan que redactar a publicación, expliqueilles que tiña que ser como unha carta e pouco a pouco de xeito cooperativo foi collendo forma. O resultado o poderedes ver nun post que se publicará posteriormente.












Ademais de traballar cas TICS, traballamos a lectoescritura de xeito significativo, aprendemos a expresarnos de xeito coherente e ordenado e concienciámonos do coidado das cousas da escola que lavamos pra casa.