domingo, 27 de marzo de 2016

VISITA DE LORENA, CAMAREIRA

Antes de pechar o segundo trimestre contamos coa visita de Lorena, mamá de Lidia. Falounos da súa profesión, traballa de camareira, así que nos trouxo algúns utensilios cos que traballa habitualmente: a bandexa, os abridores, o uniforme, o mandil, a libreta de comandas... despois de comentar entre todos/as este oficio,  puxémonos mans á obra e escenificamos un restaurante, uns fixemos de de clientes, outros de cociñeiros, otros camareiros e limpadores/as.. de paso, practicamos modos de comportamento axeitado e tentamos de escribir na comanda o que nos pedían os clientes. Cómo nos gusta xogar a cousas de maiores!!

Gracias Lorena!


 










luns, 7 de marzo de 2016

VISITA DE JOSE, ENXENEIRO

O pasado venres contamos coa visida de Jose, papá de Jesús. Traballa de enxeneiro para unha multinacional e desenvolve o seu traballo nalgúns hospitais como o Materno da Coruña. Conectou cos nenos/as falándolles sobre as doenzas,  os hospitais, a importancia do traballo en equipo...   fixéronlle moitas preguntas e explicoulles que o seu traballo consiste en averiguar e correxir os fallos dalgunhas máquinas do hospital para que funcionen correctamente. Visualizamos dous vídeos que ilustraban o que nos comentaba e puidemos xogar a traballar nun laboratorio, poñendo luvas para protexernos de contaxios. 
Moitas gracias Jose!