venres, 18 de decembro de 2015

BO NADAL FAMILIAS!

Marchamos de vacacións con moito traballo feito e deixamos para a volta moitas novas aventuras das que disfrutar aprendendo.

A semana pasada confecionamos unhas postais de nadal por unha causa solidaria. ¿Queredes conseguir a vosa? Ide a buscala  aos establecementos adheridos ao  Centro Comercial Aberto de Arteixo. Entregaránvola a cambio de un paquete de comida non perecedeira. Esta comida será  donada a Cáritas. 
Lembrade que non é preciso realizar ningunha compra para conseguir a postal. Estes son os modelos que fixemos:




Tivemos tempo para conmemorar o día 10 de decembro como DIA DOS DEREITOS HUMANOS. Así foi como estivemos comentando o contido destes dous libros, moi axeitados para iniciarse no coñecemento doutras culturas, outros nenos/as iguais ca nós.. pero moi diferentes ao mesmo tempo.


Por outra banda, queda pouquiño para as eleccións xerais! Tanto que se comenta no mundo adulto estes días sobre ese tema.. e tendo en conta que fai nada celebramos o día da Constitución, falamos sobre este conto, que nos achega á figura de Clara Campoamor, como impulsora do voto femenino e explica de maneira moi comprensible o que significa VOTAR.  Como sabedes, na clase temos moita experiencia votando e elexindo en conxunto.


Tamén temos que confesar que a nosa colleita de leitugas, non se está dando nada ben... como dixeron hoxe.. as nosas leitugas son "mini".. xa que vamos a estar na casa durante varios días, e non as vamos a poder regar levámolas ao cuberto dos arbustos do patio, para que se reguen coa auga da chuvia.. a ver que nos atopamos cando volvamos... non as temos todas con nós.. Por sorte, na clase de tres anos, tiveron, máis sorte coa colleita.



E xa para rematar, hoxe houbo festa na escola! Con merenda especial e a actuación estelar, como sempre, de Victor, director da escola de Música de Arteixo. Víctor é un artista! compuxo nun tris unha panxoliña para nós! Sabiades que os reises magos baixan pola costa de Oseiro.. pois sí, así é.



Un "beixiño" grande para todos/as. Deséxovos que pasedes un FELIZ NADAL, conservade a vosa espontaneidade pero comezade o ano con un pouquiño de responsabilidade! que maiores imos, "mi madriña" en nada empezan os cumples de 6 anos! 

Portada das nosas actividades escritas.
Un vídeo de Nadal, claro que sí....


xoves, 10 de decembro de 2015

CATALEXO PIRATA!!



Arrancando o PROXECTO “A LUZ “, no taller con Beti comezamos a investigar sobre os catalexos, aparello moi ligado aos piratas.

Para facelos precisábamos tubos, así que preparamos a nota que vos chegou a casa. Ao escribila traballamos:

-Diferencia entre letras e imaxes, pois aínda resulta confusa a verbalización para algúns.
-A separación das palabras, unha palabra por cada imaxe.
-A decoración do marco, para que a nota quede bonita, bonita.

A partir das imaxes, fumos construímos o texto, empregando o teclado na pizarra dixital. Estes foron algúns dos resultados... 


Agradecémovoss ás familias a vosa colaboración, pois foron moitos os tubos que nos mandáchedes!!!... E como os tubos eran moi distintos, puxémonos investigar as diferencias. Preparámonos para observalos, para o que precisamos:

-concentración
-silencio
-ollos ben abertos
-disposición a pensar

Que vemos?

*tamaños diferentes...uns son moi altos; hai grandes, medianos, pequenos,...
*distintas cores: verde, negro, azulado, marrón,...
*uns son máis finos ca outros.
*o verde por fóra ten coma unhas raias.
*un é máis “forte-duro” e outro máis “suave-brando”.
*algúns están feitos de cartón e outros de plástico.

Experimentamos ollando a través deles:


 

*comprobamos que polo pequeno vese mellor que polo grande.
*co pequeno vense as cousas máis perto, vémolas mellor.


Logo pintamos cada un un tubo pequeno coa cor que quixemos, e ese será o noso catalexo.


 

Por último, pintamos o tubo máis grande, que será para todos:

*para facelo temos que cooperar,...imos rotar suxeitando cada vez un/unha o tubo para que non caia.
*cada quen escolle unha cor,...ese pincel non cambia,...ímolo rotando tamén.

Organizámonos de marabilla sen necesidade apenas da intervención da profe, isto chámase cooperación, que maiores somos!!!! 


 

Unha vez rematados os catalexos, pintamos o parche de piratas e fomo retratarnos ao noso mar particular. Algunha ao falar de que iamos á Torre preguntou...andando? 
 


Que os disfrutedes agora que xa ven de volta para casa!!!

mércores, 2 de decembro de 2015

LATE CORAZÓN!

Hoxe estivemos lendo un conto con moito corazón. 
Falamos sobre como era o noso corazón, e fixemos creativamente un debuxo que ilustrara como é; como vedes fuximos de formas estereotipadas sobre corazóns, empregamos variedade de materiais dipoñibles a elexir: lápiz, cores de pau, ceras, acuarelas.. e por parellas, como vimos facendo sempre que escriben eles directamente no blog, cada un vos conta como sinte o seu corazón. 
Vos deixo unhas fotos de hoxe, e tamén dos tarros nos que gardamos as emocións, como aprendemos co conto El montruo de Colores, a semana pasada.



Traballo de cooperación en parellas.






Así quedaron os nosos corazóns

BOTES PARA GARDAR EMOCIÓNS

Vos deixo co que eles escribiron
 Mi corazón es:

ANDREA:  TRANQUILO  Y  GENEROSO JACOBO:   FUERTE  Y  GIGANTE
SERGIO: GRANDE   Y PODEROSO                     NOEMI:   BONITO  
NOA:   GRANDE   Y   FUERTE
AITOR CHANS: FUERTE
SOFIA: PEQUEÑO Y BUENO
IVAN: BLANDO Y BONITO  
ANA: FUERTE Y BUENO
MARIÑA:  GRANDE
IRUNE: FUERTE Y SALTARÌN 
RUBEN: GRANDE Y FUERTE
AITOR SILVA: FUERTE
ARON: GRANDE  Y BUENO
LIDIA: TRANQUILO  Y MUY CARIÑOSO
SARA: AMIGABLE Y MIMOSO
JESÚS: GRANDE Y FUERTE
NOELIA: SUAVE Y FUERTE
ISABEL:  FUERTE Y SUAVE
JONATAN: CHULO  

                                                               

venres, 27 de novembro de 2015

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO E MAIS

Colaboración coa Conferencia Talento 2015
Clube de lectura espontáneo

Tía  de Alquiler

Moi atentos e atentas

Seguindo os ritmos que nos propoñía Xosé

Como expertos/as percusionistas

Con un globo tamén podemos facer sons, que divertido foi.
Esta semana pasou voando, o luns e o martes estivemos falando sobre o traballo dos papás e mamás, sobre o que poderiamos ser de maiores... elaboramos o mural que vedes na primeira foto para facer entrega á FUNDACIÓN MENIÑOS dos cartos recaudados pola CONFERENCIA TALENTO 2015   http://www.conferencia-sobre-talento.com/ . Este curso, está previsto facer unha actividade familiar sobre os oficios das familias, iremos organizando paseniñamente, chegaravos unha nota.

Na segunda foto vedes un clube de lectura espontáneo, este tipo de clubes fórmanse tras a menrenda, lemos algunhas páxinas en conxunto. Sin forzar, pouco a pouco, voluntariamente.

O resto das imaxes corresponden a un obradoiro con percusión que tivemos o venres. Con obxectos de refugallo e co seu propio corpo, descubriron a musicalidade que pode encerrarse nos obxectos máis cotiáns. O obradoiro correu a cargo de TÍA DE ALQUILER. Este obradoiro foi financiado parcialmente polo Concello de Arteixo.

mércores, 25 de novembro de 2015

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe falamos na clase da importancia de resolver os problemas falando e non pelexando; non é a primeira vez que temos conversas deste tipo durante estes tres anos, pero nunca están demais. Tratamos o tema dende un punto de vista positivo, ofrecendo estratexias para relacionarnos en base á palabra. 
A lectura do conto Rosa Caramelo (kalandraka) fíxonos pensar sobre a importancia da igualdade entre nenos e nenas... un conto que lles encantou, tanto a eles/elas, como a min.

venres, 20 de novembro de 2015

UN CHISQUIÑO DE TODO

Esta semana estivemos centrados no seguinte:

_Plantación de leitugas co subgrupo dos piratas.
_ Elaboración do castañeiro para o MAGOSTO.
_ Lectura do conto relacionado coa educación emocional: El  Monstruo de colores.
_Actividades coa caixa das letras co grupo dos piratas.
_ Elección da ilustración principal que protagonizará o conto que estamos creando. Fixemos a elección mediante votación, anotamos os votos empregando as regletas Cuisinaire.
_Conversamos sobre as profesións, e anotamos as conversas, qué andaremos tramando? 
_Seguimos coas sumas, xa moi motivados coa lectura, precisamente vos conto unha anéctota que está pasando estas semanas cada vez máis na aula:

A modo informal, comecei a ler algún conto, elexido para a ocasión, con algúns nenos/as de xeito individual, por probar, para orientarme máis sobre o seu nivel de madurez lectora. O que sucedeu foi que agora, cada día, se achegan novos nenos e nenas libremente a preguntarme se lemos un libro..  estou encantada de que teñan esa inquietude, esa motivación. Como vos comentei na reunión de inicio de curso, non é bo forzar, e menos en INFANTIL! pero si e bo achegalos ao interese pola lectura. Seguiremos nesta liña a ver ata onde chegamos.

Recoñecemento de palabras relacionadas co outono

Plantación das leitugas

Mans á obra

Formando palabras coa caixa das letras

Creando unha árbore moi outonal

Contando os votos para saber que morcego sería o protagonista do conto que inventamos
Esta semana tivo un pouquiño de todo: lectoescrita, creatividade, emocións, lóxica-matemática, festa temática e xogo simbólico, para mostra este picnic espontáneo co que pechamos esta entrada.
Boa fin de semana!
De picnic!



xoves, 19 de novembro de 2015

MAGOSTO

CASTAÑEIROS  PARA A OCASIÓN

CONTACONTOS CON ANXO MOURE, UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

OS NENOS E NENAS ENCANDILADOS CON ANXO E AS SÚAS AVENTURAS ECOLOXÍSTAS.

O pasado martes celebrouse no colexio a festa do MAGOSTO. 
Foi a ANPA O LOUREIRO a encargada de organizarla. 
Tivemos bo tempo, un luxo poder celebralo fóra! 
Anxo Moure contounos  novas aventuras do Carballo con Botas 
e despois houbo desgustación de castañas e chocolate!

Dende o claustro felicitamos á ANPA  por esta actividade tan proveitosa  e ben organizada.  

venres, 13 de novembro de 2015

ENTRE LEITUGAS, MORCEGOS E CASTAÑAS

As frases que a continuación aparecen en letras maiúsculas, foron traballadas na súa totalidade cos nenos e nenas da aula, pensamos o que queriamos contar, organizamos as frases, pensamos cada letra e pasamos a ordenador, por parellas.

ESTAMOS PLANTANDO LEITUGAS, ESTAS SON AS  DOS  POLICIAS.
Unha vez máis achegamos a natureza á escola, como parte indiscutible dela. Nesta ocasión plantamos leitugas, xa somos uns expertos nesta plantación!  A semana que vén, plantamos co grupo dos piratas. Policías e piratas, sabedes que son os agrupamentos que usamos para desdoblar a clase en certos momentos. Neste sentido natural,  estivemos aproveitando o bo tempo para merendar ao aire libre e para recoller follas secas que motivarán diversas actividades. Axudámonos do libro:

Os nenos e nenas de tres anos viñeron a visitar a nosa aula para contarnos o que aprenderan sobre as plantas, todo un placer recibilos e escoitar os seu coñecementos! podedes voltar cando queirades!



ESTAMOS FACENDO  SUMAS CON FOLLAS 
E CON CASTAÑAS.
Non sempre se precisan  materiais  caros para xogar ou aprender cousas novas, neste caso os materiais naturais, son unha perfecta solución para xogar sumando entre todos/as.

INVENTAMOS UN  CONTO  SOBRE UN MORCEGO PERDIDO NUN BOSQUE FRIO,  OSCURO, TEBROSO
Estas dúas semanas se novembro inciamos un proxecto de centro sobre a luz, dentro del, se enmarca a actividade na que creamos un conto a partir de personaxes proxectadas cunha linterna, traballamos tamén sobre a mesa de luz con letras e con contos que coñeciamos do ano pasado, gracias aos contacontos familia-escola, empregamos os titeres que alguhas familias nos achegastes para recordarlos sobre a mesa de luz.
 

 
Os nenos e nenas de catro anos andan a investigar sobre os caracois, esta semana Ana trouxo dous caracois pequeniños e veu a ensinarlos á nosa clase, quedamos sorprendidos/as de ver como trepaban polo mandilón! 


O pasado luns as caixas das letras viaxaron ás casas, xa con algunhas consoantes para poder formar palabras! que maiores imos! na escola tamén estivemos traballando en pequeno grupo con elas, aquí tedes un vídeo do grupo dos piratas compoñendo palabras que previamente formaramos entre todos/as.


 


Para cerrar esta entrada, vos deixo un vídeo donde se recolle todo o que vos contamos:

sábado, 31 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015


Despois dunha semana frenética chegou o tan ansiado día de SAMAÍN.

 O vídeo que vos presento inclúe fotos das cabazas, do último ensaio e da obra final  no momento da súa representación.
Gran invento o teatro con nenos/as! traballamos moito a responsabilidade do individual dentro  do grupo, expresión verbal, corporal, vocabulario.. e un largo etc..

Espero que vos guste.

Pasade unha terrorífica noite do medo!

 Vémonos á volta para compartir novas sorpresas que xa se andan a cocer no forno...









As receitas de cociña que inventamos para o Papón e caracterizacións que empregamos para a representación.

Último ensaio, todo preparado!

 Gracias polas vosas achegas familiares! ao fondo dous muraris preciosos que fixeron con Raquel.
Despois da representación xa un pouco máis relaxados/as.