_Plantación de leitugas co subgrupo dos piratas.
_ Elaboración do castañeiro para o MAGOSTO.
_ Lectura do conto relacionado coa educación emocional: El Monstruo de colores.
_Actividades coa caixa das letras co grupo dos piratas.
_ Elección da ilustración principal que protagonizará o conto que estamos creando. Fixemos a elección mediante votación, anotamos os votos empregando as regletas Cuisinaire.
_Conversamos sobre as profesións, e anotamos as conversas, qué andaremos tramando?
_Seguimos coas sumas, xa moi motivados coa lectura, precisamente vos conto unha anéctota que está pasando estas semanas cada vez máis na aula:
A modo informal, comecei a ler algún conto, elexido para a ocasión, con algúns nenos/as de xeito individual, por probar, para orientarme máis sobre o seu nivel de madurez lectora. O que sucedeu foi que agora, cada día, se achegan novos nenos e nenas libremente a preguntarme se lemos un libro.. estou encantada de que teñan esa inquietude, esa motivación. Como vos comentei na reunión de inicio de curso, non é bo forzar, e menos en INFANTIL! pero si e bo achegalos ao interese pola lectura. Seguiremos nesta liña a ver ata onde chegamos.
Recoñecemento de palabras relacionadas co outono |
Plantación das leitugas |
Mans á obra |
Formando palabras coa caixa das letras |
Creando unha árbore moi outonal |
Contando os votos para saber que morcego sería o protagonista do conto que inventamos |
Boa fin de semana!
De picnic! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario