|
Colaboración coa Conferencia Talento 2015 |
|
Clube de lectura espontáneo |
|
Tía de Alquiler |
|
Moi atentos e atentas |
|
Seguindo os ritmos que nos propoñía Xosé |
|
Como expertos/as percusionistas |
|
Con un globo tamén podemos facer sons, que divertido foi. |
Esta semana pasou voando, o luns e o martes estivemos falando sobre o traballo dos papás e mamás, sobre o que poderiamos ser de maiores... elaboramos o mural que vedes na primeira foto para facer entrega á FUNDACIÓN MENIÑOS dos cartos recaudados pola CONFERENCIA TALENTO 2015
http://www.conferencia-sobre-talento.com/ . Este curso, está previsto facer unha actividade familiar sobre os oficios das familias, iremos organizando paseniñamente, chegaravos unha nota.
Na segunda foto vedes un clube de lectura espontáneo, este tipo de clubes fórmanse tras a menrenda, lemos algunhas páxinas en conxunto. Sin forzar, pouco a pouco, voluntariamente.
O resto das imaxes corresponden a un obradoiro con percusión que tivemos o venres. Con obxectos de refugallo e co seu propio corpo, descubriron a musicalidade que pode encerrarse nos obxectos máis cotiáns. O obradoiro correu a cargo de TÍA DE ALQUILER. Este obradoiro foi financiado parcialmente polo Concello de Arteixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario