Marchamos de vacacións con moito traballo feito e deixamos para a volta moitas novas aventuras das que disfrutar aprendendo.
A semana pasada confecionamos unhas postais de nadal por unha causa solidaria. ¿Queredes conseguir a vosa? Ide a buscala aos establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto de Arteixo. Entregaránvola a cambio de un paquete de comida non perecedeira. Esta comida será donada a Cáritas.
Lembrade que non é preciso realizar ningunha compra para conseguir a postal. Estes son os modelos que fixemos:
Tivemos tempo para conmemorar o día 10 de decembro como DIA DOS DEREITOS HUMANOS. Así foi como estivemos comentando o contido destes dous libros, moi axeitados para iniciarse no coñecemento doutras culturas, outros nenos/as iguais ca nós.. pero moi diferentes ao mesmo tempo.
Por outra banda, queda pouquiño para as eleccións xerais! Tanto que se comenta no mundo adulto estes días sobre ese tema.. e tendo en conta que fai nada celebramos o día da Constitución, falamos sobre este conto, que nos achega á figura de Clara Campoamor, como impulsora do voto femenino e explica de maneira moi comprensible o que significa VOTAR. Como sabedes, na clase temos moita experiencia votando e elexindo en conxunto.
Tamén temos que confesar que a nosa colleita de leitugas, non se está dando nada ben... como dixeron hoxe.. as nosas leitugas son "mini".. xa que vamos a estar na casa durante varios días, e non as vamos a poder regar levámolas ao cuberto dos arbustos do patio, para que se reguen coa auga da chuvia.. a ver que nos atopamos cando volvamos... non as temos todas con nós.. Por sorte, na clase de tres anos, tiveron, máis sorte coa colleita.
E xa para rematar, hoxe houbo festa na escola! Con merenda especial e a actuación estelar, como sempre, de Victor, director da escola de Música de Arteixo. Víctor é un artista! compuxo nun tris unha panxoliña para nós! Sabiades que os reises magos baixan pola costa de Oseiro.. pois sí, así é.
Un "beixiño" grande para todos/as. Deséxovos que pasedes un FELIZ NADAL, conservade a vosa espontaneidade pero comezade o ano con un pouquiño de responsabilidade! que maiores imos, "mi madriña" en nada empezan os cumples de 6 anos!
Portada das nosas actividades escritas. |
Un vídeo de Nadal, claro que sí....
Ningún comentario:
Publicar un comentario