sábado, 31 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015


Despois dunha semana frenética chegou o tan ansiado día de SAMAÍN.

 O vídeo que vos presento inclúe fotos das cabazas, do último ensaio e da obra final  no momento da súa representación.
Gran invento o teatro con nenos/as! traballamos moito a responsabilidade do individual dentro  do grupo, expresión verbal, corporal, vocabulario.. e un largo etc..

Espero que vos guste.

Pasade unha terrorífica noite do medo!

 Vémonos á volta para compartir novas sorpresas que xa se andan a cocer no forno...









As receitas de cociña que inventamos para o Papón e caracterizacións que empregamos para a representación.

Último ensaio, todo preparado!

 Gracias polas vosas achegas familiares! ao fondo dous muraris preciosos que fixeron con Raquel.
Despois da representación xa un pouco máis relaxados/as.


2 comentarios:

  1. Como nos gustou a obra, e que ben a sabia. Tamen nos gustou moito o conto de Villarina, tanto que nos gustaría poder ir visitala o parque natural..unha historia moi bonita...seguide así...

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polo comentario! Gustounos moito lelo entre todos/as e contestarche.

    ResponderEliminar