Arrancando o
PROXECTO “A LUZ “, no taller con Beti comezamos a investigar sobre os
catalexos, aparello moi ligado aos piratas.
Para facelos
precisábamos tubos, así que preparamos a nota que vos chegou a casa. Ao
escribila traballamos:
-Diferencia
entre letras e imaxes, pois aínda resulta confusa a verbalización para algúns.
-A
separación das palabras, unha palabra por cada imaxe.
-A
decoración do marco, para que a nota quede bonita, bonita.
A
partir das imaxes, fumos construímos o texto, empregando o teclado na pizarra
dixital. Estes foron algúns dos resultados...
Agradecémovoss ás familias a vosa colaboración, pois foron
moitos os tubos que nos mandáchedes!!!... E como os tubos eran moi distintos,
puxémonos investigar as diferencias. Preparámonos para observalos, para o que
precisamos:
-concentración
-silencio
-ollos ben abertos
-disposición a pensar
Que vemos?
*tamaños diferentes...uns son moi altos; hai grandes, medianos,
pequenos,...
*distintas cores: verde, negro, azulado, marrón,...
*uns son máis finos ca outros.
*o verde por fóra ten coma unhas raias.
*un é máis “forte-duro” e outro máis “suave-brando”.
*algúns están feitos de cartón e outros de plástico.
Experimentamos ollando a través deles:
*comprobamos que polo pequeno vese mellor que polo grande.
*co pequeno vense as cousas máis perto, vémolas mellor.
Logo pintamos cada un un tubo pequeno coa cor que quixemos, e
ese será o noso catalexo.
Por último, pintamos o tubo máis grande, que será para todos:
*para facelo temos que cooperar,...imos rotar suxeitando cada
vez un/unha o tubo para que non caia.
*cada quen escolle unha cor,...ese pincel non cambia,...ímolo
rotando tamén.
Organizámonos de marabilla sen necesidade apenas da intervención
da profe, isto chámase cooperación, que maiores somos!!!!
Unha vez rematados os catalexos, pintamos o parche de piratas e
fomo retratarnos ao noso mar particular. Algunha ao falar de que iamos á Torre
preguntou...andando?
Que os disfrutedes agora que xa ven de
volta para casa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario