ESTAMOS PLANTANDO LEITUGAS, ESTAS SON AS DOS POLICIAS.
Unha vez máis achegamos a natureza á escola, como parte indiscutible dela. Nesta ocasión plantamos leitugas, xa somos uns expertos nesta plantación! A semana que vén, plantamos co grupo dos piratas. Policías e piratas, sabedes que son os agrupamentos que usamos para desdoblar a clase en certos momentos. Neste sentido natural, estivemos aproveitando o bo tempo para merendar ao aire libre e para recoller follas secas que motivarán diversas actividades. Axudámonos do libro:
Os nenos e nenas de tres anos viñeron a visitar a nosa aula para contarnos o que aprenderan sobre as plantas, todo un placer recibilos e escoitar os seu coñecementos! podedes voltar cando queirades!
Os nenos e nenas de tres anos viñeron a visitar a nosa aula para contarnos o que aprenderan sobre as plantas, todo un placer recibilos e escoitar os seu coñecementos! podedes voltar cando queirades!
ESTAMOS FACENDO SUMAS CON FOLLAS
E CON CASTAÑAS.
Non sempre se precisan materiais caros para xogar ou aprender cousas novas, neste caso os materiais naturais, son unha perfecta solución para xogar sumando entre todos/as.
INVENTAMOS UN CONTO SOBRE UN MORCEGO PERDIDO NUN BOSQUE FRIO, OSCURO, TEBROSO.
Estas dúas semanas se novembro inciamos un proxecto de centro sobre a luz, dentro del, se enmarca a actividade na que creamos un conto a partir de personaxes proxectadas cunha linterna, traballamos tamén sobre a mesa de luz con letras e con contos que coñeciamos do ano pasado, gracias aos contacontos familia-escola, empregamos os titeres que alguhas familias nos achegastes para recordarlos sobre a mesa de luz.
Os nenos e nenas de catro anos andan a investigar sobre os caracois, esta semana Ana trouxo dous caracois pequeniños e veu a ensinarlos á nosa clase, quedamos sorprendidos/as de ver como trepaban polo mandilón!
O pasado luns as caixas das letras viaxaron ás casas, xa con algunhas consoantes para poder formar palabras! que maiores imos! na escola tamén estivemos traballando en pequeno grupo con elas, aquí tedes un vídeo do grupo dos piratas compoñendo palabras que previamente formaramos entre todos/as.
Para cerrar esta entrada, vos deixo un vídeo donde se recolle todo o que vos contamos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario