VILA TRASNA
Somos a aula de 5 anos da EEI de Vilarrodís-Oseiro en Arteixo (A Coruña)
domingo, 24 de abril de 2016
A NOITE DO PEQUENO MORCEGO
Esta actividade comezou alá polo primeiro trimestre, cando andabamos pensando en festexar o Samaín.
Foi daquela cando con axuda dunha lámpada que proxectaba imaxes decidimos inventar un conto.
O especial deste conto é que naceu dende cero, creamos o título, as frases, as letras que forman as frases, mecanografiámolo por parellas, fixemos os debuxos e os eleximos entre todos mediante votación... e finalmente rematámolo!!!
Móstrovos algunhas das páxinas que confeccionamos.

VISITA DE JAVIER, CONSTRUCTOR
Rematamos a tanda de visitas recibindo a Javier, papá de Sara. Adícase a construir casas, e veu cargado con un montón de materiais que usan a diario nas obras, os nenos e nenas quedaron encantados, non hai máis que ver as fotos, engancharon de marabilla!
O máis importante da obra é a seguridade das persoas, por iso nos puxemos cascos e chalecos reflectantes. Dividímonos en varios grupos: o grupo da estrutura, os fontaneiros, os electricistas, os de seguridade, os xardineiros e entre todos fixemos o debuxo dunha casa.
Javier trouxonos unhs chupachups para todos, pero non os repartirmos ata o venres que os trouxo a mamá de Sara.
Gracias por acompañarnos!!

VISITA DE ALEJANDRA, PROFESORA DE INGLÉS
Continuamos a semana coa visita de Alejandra, mamá de Isabel, é profe de inglés, así que nada mellor que un conto sobre monstros en inglés! estivemos moi atentos, repasamos e aprendimos algunhas palabras novas e finalmente coloreamos un debuxo relacionado. Gracias Alejandra!
VISITA DE JESÚS, PERRUQUEIRO
A semana pasada estivo cargada de visitas, comezamos o martes coa visita de Jesús, perruqueiro de sempre de Vilarrodís. Os nenos e nenas pasaron un rato moi divertido cos útiles de perruquería, os peites, os cepillos, o tinte, o secador... ademais levaron de recordo un peite para a casa e unha mostra de colonia que algúns non resistiron abrir antes de chegar á casa.
Grazas Jesús!
Grazas Jesús!
martes, 19 de abril de 2016
NOVOS VECIÑOS, INTERCULTURALIDADE
Este ano, por primeira vez, tivemos a sorte de contar na escola con unha actividade promovida polo Departamento de Inmigración do Concello e a ONG Ecos do Sur. A idea principal é tratar mediante unha historia de títeres, a interculturalidade. Nesta ocasión os títeres contaronnos a historia dunha familia de camelos que tivo que viaxar a outro lugar porque no sitio onde vivían as serpes ameazábanos. Serviunos para tratar na aula a axuda aos demais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)