venres, 16 de outubro de 2015


 Familias, me alegra comprobar que visitades o blog!

Esta semana escribo só eu, cóntovos  cousiñas que fixemos:

_Traballamos co día do noso cumpleanos, sacamos fotos cos números e logo andivemos ordenando os días nos que nacemos. Tamén andamos a completar a colección de números que nos achegastes, xeramos un montón de conversas sobre a numeración mentres buscamos o número seguinte. Coleccionar en conxunto é divertido, ordenar todos eses números, unha tolemia! ;) Tamén seguimos coas sumas, manipulativas e xa en papel.

_ Estamos levando un rexistro dos libros que lemos na casa, apuntamos o seu título, se nos gustaron moito, pouco ou nada, así veremos cantos libros levamos lidos cando remate o curso! esta semana, para escribir o título do libro na folla de rexistro, tivemos que buscar  o título do conto que levamos, toda unha aventura.. repetiremos.

_  Irune achegounos uns tés que ulían tan ben, que decidimos probar a ver a qué sabían.. así foi como cubrimos unha táboa de dobre entrada apuntando a quen lle gustaran e a quen non. Só mollamos a lingua un pouco, que enerxía, xa temos!

_ Como cada dia, visitamos a biblioteca de aula, para inventar, ver, comentar, e "ler" os libros. En conxunto empezamos a ler El retorno de Villarina, o primeiro que nos ensina este conto é o que son os CAPITULOS, cada día leremos un capítulo, é un libro maravilloso sobre o coidado dos animais, en especial do OSO PARDO. Foi xenial ver as súas caras ao rematar o capítulo e deixar a lectura en suspense para o vindeiro día.

_ A nivel grafía seguimos coas vogais, maiúsculas e minúculas.

Aquí estamos buscando o título do conto que levamos á casa a semana pasada.

Probando un pouquichiño de té que nos achegou unha das nenas de clase.

Tódolos días visitamos o recanto da biblioteca de aula, ler é un pracer.

Fotografámonos co día do noso aniversario, ordenamos os números.

Cantos números conseguimos! aqui estamos ordenando a colección! 


3 comentarios:

  1. Claro que che seguimos....felicidades por esa biblioteca gustan nos moito os títulos dos libros novos, seguiremosche.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Un comentario! :) gracias mil Yolanda, lerémolo na clase entre todos/as, isto é pura motivación lectora e hai que sacarlle partido.. os papás escribindo no blog.. vai a ser unha gran novidade para eles/elas.

      Eliminar
  2. Gracias Mada seguiremos escribindo.

    ResponderEliminar