venres, 23 de outubro de 2015

LECTURAS POR CAPÍTULOS

 Esta semana estivo cargadiña de cousas nas que pensar, traballar, facer... tanto que non houbo moito tempo a sacar sequera fotos nin videos.


 Rematamos de ler  El retorno de Villarina. Como vos dixen a semana pasada, foi a primeira vez que lemos cada día un capítulo,  a experiencia foi moi boa, repetiremos máis veces, serviunos para manter a intriga pola lectura, para xerar interese pola mesma e para aprender a resumir oralmente os capítulos xa lidos antes de proseguir co capítulo novo. Este conto está en préstamo así que igual algún día o teredes na casa. Como xa vos contei na entrada anterior, trata sobre a importancia do coidado dos osos pardos, e outras especies en perigo de extinción.  No seguinte enlace podedes saber máis sobre este tema.





_ Por outro lado, estamos a preparar unha escenificación para o Samaín, pero de iso falaremos a semana que ven en profundidade. 

_A nivel emocional xeramos conversas sobre as lágrimas, sobre cando choramos de alegría, de pena, de rabia..  a raíz de momentos xurdidos na clase xéranse situacións moi aproveitables para coñecer mellor por qué son como son, sabendo o que sinten.

_ Saímos a ver as toupeiras do patio e as setas que xa empezaron a brotar, como ía bo día, merendamos nun espacio distinto, cousa  que nos relaxou bastante. Estivemos respirando aire fresco para relaxarnos das nosas actividades diarias. Chamando a atención sobre a natureza, para que non sexa invisible no día a día.

_ Sobre a colección de números de quenda creo que é preciso aclarar, que o importante non é que sepan identificar o número 56, ou o 99, senón que vaian identificando e ordenando os números ata o 10, que son sobre os que, nun principio, imos a traballar, se algún alumno/a pode dar máis de sí, seguiremos cara a diante, sin frealo. No vídeo que segue,  os escoitades decir o 5 e o 6 cando é un 56, e  iso é precisamente o que me interesa agora.


Deixovos un vídeo que recopila estas dúas semanas pasadas, como xa vos dixen, andivemos tan liados preparando a festa do Samaín, que case non sacamos fotos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario