mércores, 8 de abril de 2015

Vilatrasna e as novas tecnolxías

Continuando co traballo de introducir a o noso alumnado no uso das novas tecnoloxías quixen que participaran no proceso de realización deste blogue. Así eles e elas deciden o que queren contar e cómo o queren contar.

Reunidos en asamblea o primeiro era decidir sobre qué tema querían facer a publicación no blogue, Gael aportou unha idea que foi aplaudida por tódolos seus compañeiros e compañeiras...quixeron contarlle ás familias que imos levar a Bimba pra casa.

Unha vez clara a temática o seguinte paso foi poñer título á publicación,isto resultoulles moi doado xa que cada día cando escoitamos contos xogamos a cambiarlle os títulos unha vez escoitado o conto, ou ben a inventarnos o título cando aínda non o limos.

Por último tiñan que redactar a publicación, expliqueilles que tiña que ser como unha carta e pouco a pouco de xeito cooperativo foi collendo forma. O resultado o poderedes ver nun post que se publicará posteriormente.












Ademais de traballar cas TICS, traballamos a lectoescritura de xeito significativo, aprendemos a expresarnos de xeito coherente e ordenado e concienciámonos do coidado das cousas da escola que lavamos pra casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario