O luns veu de visita a nai de Adrián, Sandra e
estes trasniños non sei que lles pasou pero andaban ben alborotados!
Sandra que é catalá contounos que bos días en
catalán dise “bon día”. Así que cando pasamos a lista dixemos os bos días en
catalán.
Despois fomos á biblioteca onde escoitamos o
conto de Diez patitos de goma, que está inspirado nun feito real. Grazas a este
conto repasamos a numeración (cardinais) e recordamos algúns animais mariños e
algunha característica como o son que fan ou o xeito de moverse.
De volta na aula tiñamos plantas aromáticas
(melisa, romero, lavanda,menta y orégano) listas para trasplantar. Primeiro as
fomos pasando para que as ulisen e logo ca axuda de Sandra as trasplantamos na
nosa hora exterior.
¡¡¡MOITAS GRAZAS SANDRA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario