martes, 14 de abril de 2015

O TRACTOR DO AVÓ RAMÓN.







Xa chegou o tempo de plantar na nosa horta pero precisábamos dalguén que nos axudara a remover a terra. Soubemos que o avó de Noa Peteiro ten un tractor así que lle pedimos que viñera e Ramón, que así se chama, non o dubidou e veu co seu tractor a remover a terra. Nós que non nos queremos perder nada das labores do campo fomos mirar o proceso e algo tan sinxelo como isto foi pra nós toda unha festa. ¡Moitas grazas Ramón!










Ningún comentario:

Publicar un comentario