mércores, 8 de abril de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. YOLANDA, A NAI DE ALBA E ÁNGEL GARCÍA.

A última visita que tivemos na escola foi a de Yolanda, a nai de Alba e Ángel. veu contarnos o conto dos Sete Cabritos, un conto tradicional que nos encanta e non nos cansamos de escoitar. Este conto serviunos  de excusa para repasar a numeración e cantarlle cancións a Yolanda.

Ademais disto Alba e Angel ca axuda da súa nai faláronnos da eclipse que acontecera esa fin de semana, explicáronnos o que aconteceu, as gafas especiais que tiveron que facer e mostráronnos fotos do acontecemento.






¡MOITAS GRAZAS YOLANDA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario