O pasado luns veu contarnos un conto o avó de Miguel, Fernando, como era o día do bico o conto elixido foi Siembra un beso este conto trata dunha nena que sementa a planta dos bicos e comparte o seu froito coas persoas que ten ao seu redor, a planta dos bicos e do cariño é especial porque canto máis se comparte máis medra. Os avós e as avoas son moi sabios e o avó de Miguel deunos bos consellos acerca da amizade e do cariño que espero que estes vilatrasniñ@s aprendan ao pe da letra.
Despois voltamos a nosa aula onde lle ensinamos a Fernando un xogo no que hai que repartir bicos, apertas e caricias... ¡Qué ben o pasamos!
Antes de despedirse Fernando quixo contarlle a estas trasniñas e estes trasniños un conto de cando él era cativo, un conto de contar que é asi:
A SUBASTA DO MARTELO:
TEÑO UN MARTELO DE RABO DE FERRO,
CATRO ME COSTOU E EN CINCO MO DERON,
SEIS VALE, SETE DAN POR ÉL,
O QUE TRAIGA OITO E ME DEA NOVE
LÉVAO EN DEZ.
Ao final sae caro este martelo... ¡moitas grazas Fernando por ensinarnos tantas cousas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario