sábado, 31 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015


Despois dunha semana frenética chegou o tan ansiado día de SAMAÍN.

 O vídeo que vos presento inclúe fotos das cabazas, do último ensaio e da obra final  no momento da súa representación.
Gran invento o teatro con nenos/as! traballamos moito a responsabilidade do individual dentro  do grupo, expresión verbal, corporal, vocabulario.. e un largo etc..

Espero que vos guste.

Pasade unha terrorífica noite do medo!

 Vémonos á volta para compartir novas sorpresas que xa se andan a cocer no forno...









As receitas de cociña que inventamos para o Papón e caracterizacións que empregamos para a representación.

Último ensaio, todo preparado!

 Gracias polas vosas achegas familiares! ao fondo dous muraris preciosos que fixeron con Raquel.
Despois da representación xa un pouco máis relaxados/as.


venres, 23 de outubro de 2015

LECTURAS POR CAPÍTULOS

 Esta semana estivo cargadiña de cousas nas que pensar, traballar, facer... tanto que non houbo moito tempo a sacar sequera fotos nin videos.


 Rematamos de ler  El retorno de Villarina. Como vos dixen a semana pasada, foi a primeira vez que lemos cada día un capítulo,  a experiencia foi moi boa, repetiremos máis veces, serviunos para manter a intriga pola lectura, para xerar interese pola mesma e para aprender a resumir oralmente os capítulos xa lidos antes de proseguir co capítulo novo. Este conto está en préstamo así que igual algún día o teredes na casa. Como xa vos contei na entrada anterior, trata sobre a importancia do coidado dos osos pardos, e outras especies en perigo de extinción.  No seguinte enlace podedes saber máis sobre este tema.





_ Por outro lado, estamos a preparar unha escenificación para o Samaín, pero de iso falaremos a semana que ven en profundidade. 

_A nivel emocional xeramos conversas sobre as lágrimas, sobre cando choramos de alegría, de pena, de rabia..  a raíz de momentos xurdidos na clase xéranse situacións moi aproveitables para coñecer mellor por qué son como son, sabendo o que sinten.

_ Saímos a ver as toupeiras do patio e as setas que xa empezaron a brotar, como ía bo día, merendamos nun espacio distinto, cousa  que nos relaxou bastante. Estivemos respirando aire fresco para relaxarnos das nosas actividades diarias. Chamando a atención sobre a natureza, para que non sexa invisible no día a día.

_ Sobre a colección de números de quenda creo que é preciso aclarar, que o importante non é que sepan identificar o número 56, ou o 99, senón que vaian identificando e ordenando os números ata o 10, que son sobre os que, nun principio, imos a traballar, se algún alumno/a pode dar máis de sí, seguiremos cara a diante, sin frealo. No vídeo que segue,  os escoitades decir o 5 e o 6 cando é un 56, e  iso é precisamente o que me interesa agora.


Deixovos un vídeo que recopila estas dúas semanas pasadas, como xa vos dixen, andivemos tan liados preparando a festa do Samaín, que case non sacamos fotos. 


venres, 16 de outubro de 2015


 Familias, me alegra comprobar que visitades o blog!

Esta semana escribo só eu, cóntovos  cousiñas que fixemos:

_Traballamos co día do noso cumpleanos, sacamos fotos cos números e logo andivemos ordenando os días nos que nacemos. Tamén andamos a completar a colección de números que nos achegastes, xeramos un montón de conversas sobre a numeración mentres buscamos o número seguinte. Coleccionar en conxunto é divertido, ordenar todos eses números, unha tolemia! ;) Tamén seguimos coas sumas, manipulativas e xa en papel.

_ Estamos levando un rexistro dos libros que lemos na casa, apuntamos o seu título, se nos gustaron moito, pouco ou nada, así veremos cantos libros levamos lidos cando remate o curso! esta semana, para escribir o título do libro na folla de rexistro, tivemos que buscar  o título do conto que levamos, toda unha aventura.. repetiremos.

_  Irune achegounos uns tés que ulían tan ben, que decidimos probar a ver a qué sabían.. así foi como cubrimos unha táboa de dobre entrada apuntando a quen lle gustaran e a quen non. Só mollamos a lingua un pouco, que enerxía, xa temos!

_ Como cada dia, visitamos a biblioteca de aula, para inventar, ver, comentar, e "ler" os libros. En conxunto empezamos a ler El retorno de Villarina, o primeiro que nos ensina este conto é o que son os CAPITULOS, cada día leremos un capítulo, é un libro maravilloso sobre o coidado dos animais, en especial do OSO PARDO. Foi xenial ver as súas caras ao rematar o capítulo e deixar a lectura en suspense para o vindeiro día.

_ A nivel grafía seguimos coas vogais, maiúsculas e minúculas.

Aquí estamos buscando o título do conto que levamos á casa a semana pasada.

Probando un pouquichiño de té que nos achegou unha das nenas de clase.

Tódolos días visitamos o recanto da biblioteca de aula, ler é un pracer.

Fotografámonos co día do noso aniversario, ordenamos os números.

Cantos números conseguimos! aqui estamos ordenando a colección! 


luns, 12 de outubro de 2015

Biblio-préstamo

ESTA SEMANA ESCRIBIMOS SOBRE OS LIBROS DO PRÉSTAMO SEMANAL, ESTES SON OS TÍTULOS QUE LEVAMOS, ESTÁN ESCRITOS POR ELES/ELAS:


HISTORIAS DE  BRUJAS
MAMA
VAMOS A CAZAR  UN  OSO
QUE TAL, CANCIÑO?   
LOBO FEROZ 
TITIRITESA  
TOM SE CAMBIA DE CASA
 MIA Y PUIK  
 BAJO  LA  MATA
CHANCHA E CHENCHO
O DRAGON
EL HIJO DEL PIRATA
PACO PAPÀN
O  OUTONO 
EL RETO DE VILLARINA
O PITO  CAIRO  
 COCORICO 


prestamo libros - Kizoa Movie Maker


 ¿Cómo fixemos esta entrada?

Para elexir esta semana a temática do noso "post" tivemos que facer votación xa que xurdiron tres opcións:

_ Escribir sobre o libro que levan en préstamo para a fin de semana.
_ Escribir sobre as sumas que estivemos facendo, as primeiras este curso.
_ Escribir sobre a caixa de letras que viaxa á casa. 

Tras un empate resolvimos escribir os títulos dos libros que levamos á casa.
As votacións nos serven para tomar decisións consensuadas en grupo. Aceptar outros puntos de vista e desenvolver tolerancia á frustración. Deste xeito traballamos o pensamento democrático.



Ademáis do blog, esta semana estreamos puzzles de maiores, con moitas máis pezas, da gusto ver como nos gustan! Traballamos coas vogais da caixa, por iso foron  á casa para motivar tamén dende as familias o gusto polas letras. Estivemos facendo sumas con rotuladores, con marcianiños magnéticos e mesmo sobre o papel.. seguimos coa grafía das vogais, vamos coa "e" pero traballamos as consoantes diariamente en actividades contextualizadas dentro de palabras significativas. 
Elaboramos o noso horario de clase, e decidiron levalo para a casa, así poden comprobar con que profe lles toca cada día e en qué momento. Que maiores imos que xa vamos aprendendo a ler táboas de dobre entrada!
Nos talleres de estimulación á linguaxe con Raquel, apoian oralmente o traballo de aula en canto a linguaxe, así como nos talleres de lóxica-matemática, con Beti, reforzan a suma manipulativa.