Adicamos esta última semana a fomentar a alimentación saudable, tanto con brochetas de froitas como elaborando unha ensalada coas leitugas da horta que plantamos. Os ingredientes foron: leituga, piña, melocotón, tomate cherri, e taquiños de queixo!
O bo tempo permitiunos merendar fóra á sombra das árbores e ler alí un conto escoitando os paxaros cantar, todo un luxo!
Pasade moi bo verán!
Vémonos á volta.
Mada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario