|
Buscando cogumelos polo patio |
|
Observar pero non manipular, evitando perigos. |
|
confeccionamos un libro sobre froitos do outono. |
|
Andivemos buscando letras A nas palabras |
|
Todo libro debe ter portada e título, aquí estamos mans á obra. |
|
O resultado das nosas pesquisas outonais. |
Entrando de cheo no OUTONO, estivemos tratando os froitos típicos desta estación do ano. Serviunos para seguir fixándonos nas palabras e buscando letras que pouco a pouco imos recoñecendo. No patio descubrimos que medran cogumelos e que o noso carballo da landras. Algúns nenos/as trouxeron da casa algunha froita como figos, mazá, laranxa ou pera, xunto con uvas e unha granada fixemos unha macedonia estupenda. Como froito seco, polo momento, probamos as noces, e nunhas semanas seguro que tamén damos boa conta das castañas.
Por unha alimentación sana e natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario