A
escola decidiu colaborar con unha campaña de recollida de alimentos non
perecedeiros para Cáritas mediante a xestión do Centro Comercial Aberto
de Arteixo.
Cada
neno/a elaborou unha postal coa axuda da súa profe, as nosas son as que
podedes ver nas imaxes. As postais estarán situadas nalgún comercio do
que vos informaremos puntualmente; poderedes trocar a postal do voso
neno/a por un kilo de comida non perecedeira.
Fixémolas con moito agarimo! esperamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario