Comezamos a investigar sobre o mundo das plantas. Deixovos algunha transcripción dalgunhas das ideas previas que xurdiron o primeiro día que falamos do tema:
- Ás prantas hai que darlles de beber, hai que regalas porque as raices beben, así medran.
- As flores saen da terra, das plantas, da herba.. (seguiremos investigando este tema).
- As plantas serven para: para plantar, para coidar, para as vodas, para que den flores, para comer os animais (coellos, vacas, cabalos..), tamén os humanos comen brocoli, leituga, cenoria...
- Os animais que comen herba chámanse herbívoros.
Para observar como xermina unha semente plantamos por parellas lentellas, nas fotos estamos comprobando como medran; podemos distinguir claramente as partes das plantas: raíz, talo e follas.
No noso recuncho natural contamos tamén con un ALOE VERA co que descubrimos que algunhas prantas serven para cicatrizar máis rápido as pequenas feridiñas que nos facemos.
Contamos tamén con unha ALEGRÍA que nos acaba de regalar dúas flores fuxias preciosas.
Igual que facemos co noso peixiño, coidaremos estas plantas na aula, aprendendo respecto e responsabilidade polo medio natural e animal.
Esta semana que entra, poñeremos en auga ramiñas de ALEGRÍA para que lles sallan raíces e poder plantar cadansúa ALEGRÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario