luns, 18 de novembro de 2013

UN MOMENTO IMPORTANTE: DEIXAR O CHUPETE








¿Por qué é conveniente deixar o chupete antes dos 3 anos?
 
A pesar das múltiples vantaxes que ten para os bebés o uso do chupete, chega unha idade en que é conveniente que se despida del para sempre.
O motivo é que, se o seu uso continuado se prolonga máis alá dos 3 anos de idade, pode chegar a ser negativo para o pequeno  por diversas razóns:
·         Co chupete na boca os músculos exercítanse menos polo  que aumenta o babeo e pode orixinarlle dificultades ao comer e retrasar o desenvolvemento da fala.

·         Pode chegar a afectar á súa dentadura. Cando un neno/a introduce a tetina dun chupete na boca e leva a cabo o que os expertos denominan succión non nutritiva (o propósito non é inxerir alimento algún) os dentes centrais inferiores se desvían paulatinamente cara a dentro, mentres que os que se atopan no mesmo plano, pero no maxilar superior, tenden a separarse e a sobresair cara a fóra.

·         Pode frear  un pouco o seu desenvolvemento emocional e social. Se sempre que se sinte triste, aburrido ou desconsolado recorre ao chupete non aprende outras formas de autoconsolo, como entreterse con un xoguete ou demandar cariño ao adulto.

·         Pode facerse dano. Cando empeza a correr e a saltar o risco de caer cara adiante aumenta, co chupete na boca, pode facerse máis dano.

Algunhas ideas para deixar o chupete:

·         Elexir o momento adecuado, unha época na que teñades tempo e paciencia para apoiar ao neno nesa difícil tarefa.
·         Unha vez tomada a decisión de quitarlle o chupete, comunicádello preparándoo con tempo para o acontecemento, darlle seguridade neste proceso é importante, vivencialo como algo positivo ligado a “facerse maior” pode axudar.
·         Preparádevos para aguantar crises e non ceder, poden chegar momentos en que o neno/a chorará e pedirá o chupete desesperadamente. Pero unha vez dado o paso, non se debe recuar.
·         Podédeslle ofrecer un substituto do chupete. O neno/a debe ser gratificado con outra cousa, para demostrarlle qué é maior e precisa cousas de maiores.
·         Non enfadarse con el e non comparalo con outros nenos/as que xa quitaron o chupete, cada un ten o seu ritmo.
·         Se pola noite, está acostumado a durmirse co chupete, introducide un novo ritual que sexa agradable: unha nana, un conto, algo que lle axude a quedarse durmido tranquilamente.

Estratexias imaxinativas:

·         Inventar un conto onde a “fada dos chupetes” virá a recoller o seu porque xa se fixo maior  e lle deixará  un regaliño de neno/a maior.
·         Gardar nunha caixa elementos que usaba de bebé (un cueiro,  roupa de bebé, chupete, biberón..) e deixalo na ventá para que veña “un paxariño”  a levarllo a un bebé recén nacido.
·         Cambiar o chupete por outro elemento asociado a nenos máis maiores, por exemplo, pasar de durmir con chupete a durmir con un peluche para que se sinta acompañado e seguro pese a non ter o chupete.
·         Existen outras opcións como  cortar ou pinchar a tetina para que non sexa agradable de chupar e acaben por deixalo eles sos ou incluso untar  o chupete con algo de vinagre ou limón. 

Recursos:

Existen varios títulos de literatura infantil que tratan sobre o abandono do chupete, acompañar este proceso con libros fará que os nenos/as se sintan identificados coas personaxes dos contos resultándolles máis doado o proceso. Déixovos aquí un enlace onde podedes consultar algúns destes títulos: 


Outra opción cómoda, gratuíta e motivadora é preguntar nas bibliotecas municipais  por libros con esta temática.

Outros enlaces de interese:


MOITO ÁNIMO PARA TODOS/AS OS QUE AÍNDA O USAN PARA DEIXALO, XA SOMOS NENOS MAIORES QUE VAN Á ESCOLA E NON PRECISAMOS O CHUPETE! :D

MaDa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario