Música do vídeo da man de A Nena e o Grilo de Magín Blanco; título da canción: Nena menciñeira coa voz de Guadi Galego.
Todo empezou co libro e a canción do Polo Pepe, nos días de adaptación, facíanos sentir mellor.
Investigamos un pouco máis sobre os ovos, que animais os poñian, os que non, o seu tamaño, o peso.. para iso, servimonos de libros que había na biblioteca da escola e tamén das achegas familiares.
Trouxemos para a aula plumas de pavo e galiña, descubrimos que eran suaves; mesmo unha era máxica porque escribía con tinta e todo!
Falamos tamén da alimentación dos polos e das galiñas, trouxen á clase millo, cebada e trigo para ver e tocar. E así foi como chegamos a coñecer que do trigo sae a fariña, e a fariña xunto cos ovos e outros ingredientes axudáronnos a facer este biscoito do que xa vos pasamos a receita. Lembrades que facía falta
1 vasiño de aceite
2 vasiños de azucre e
3 vasiños de fariña
así, pouco a pouco, vamos traballando as cantidades asociadas a números.
Ningún comentario:
Publicar un comentario