|
Este foi o resultado final |
Durante este trimestre estivemos aprendendo de xeito lúdico a nosa primeira figura xeométrica:
O CÍRCULO.
Aproveito para agradecervos as vosas achegas familiares para confeccionar o noso mural con obxectos circulares.
|
Así comezou todo.. |
O noso traballo pasou por varias fases: observación, búsqueda e manipulación de obxectos circulares mediante a comparación cos bloques lóxicos; realización de series sinxelas de dous elementos circulares, punteados con rotuladores de cores, calca e estampación de círculos... pero foron tres cousas as que máis nos axudaron a diferenciar A FORMA CIRCULAR: a comparativa da barriga redonda do Polo Pepe, os xogos no ximnasio con aros e corros, e sobretodo, afianzámonos no coñecemento desta figura cos cadros de KANDINSKY; visualizamos vídeos das súas obras xogando a descubrir círculos; traballamos sobre un libro que presenta alguhas das súas obras e finalmente decidimos levar a cabo un traballo en conxunto: reproducimos, ao noso modo, o cadro CIRCULOS CONCÉNTRICOS.
Traballo paciente por un fin compartido onde todos puxemos o noso gran de area: Gran experiencia!
|
Pintando o marco do cadro |
|
Pintando un dos círculos para o mural dos obxectos sobre soporte vertical |
|
Descubrindo a técnica do punteado motivado polos pintores impresionistas. |
|
Técnica libre con rotulador |
|
Composición mural dos obxectos circulares, Dona Redonda de verde. |
|
Cada peza deste puzzle é imprescindible para o noso resultado final. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario