venres, 8 de novembro de 2013

APRENDENDO A RECICLAR


Os vilatrasniñ@s de catro anos andamos a aprender qué cousa é esa da reciclaxe e para iso precisamos da axuda das nosas mascotas da aula,Otto e Carmiña, que nos trouxeron un conto dos Bolechas: "Os Bolechas queren saber qué é o lixo". Despois de escoitar o conto xa soubemos para qué é esa papeleira tan grande que trouxo a profe Isa e o que temos que facer cos papeis que ten dentro... ¡¡¡¡RECICLAR!!!!

Pois alá fomos, ao contenedor de papel que temos xusto diante da porta da escola. ¡Así da gusto!

E.. ¿Cas pilas? Pois o mesmo, na escola temos un contenedor especial para reciclalas e non contaminar a terra que nos alimenta e a auga que nos quita a sede, e así co resto das cousas, xa que existen contenedores especiais para cada tipo de lixo que queramos botar dentro.

Para rematar esta actividade tan interesante coloreamos os contenedores de reciclaxe, e así de paso repasamos as cores.

¡Que non se diga que estes trasniños non cuidan do seu planeta!













Ningún comentario:

Publicar un comentario