xoves, 28 de novembro de 2013

O APALPADOR

Xusto cando faltaba un mes pra o Nadal falamos na clase dun personaxe propio da nosa tradición e cultura galega: O Apalpador.

O Apalpador é un home que vive no Caurel, de oficio carboeiro e amante da natureza. Polo Nadal vaixa ás casas dos nenos e nenas e coidadosamente apálpalles a barriga para ver se están ben matidos e déixalles como agasallo castañas asadas e xoguetes de madeira artesanais.

Para coñecer ben a este personaxe esciotamos atentamente o conto "Antón e o Apalpador", sacado da biblioteca da escola, despois escribimos o seu nome nun folio co que traballamos de xeito significativo a lectoescritura e a continuación debuxamos ao Apalpador, repasando así o esquema corporal.  ¡Cómo melloraron os nosos debuxos do corpo!...O curso pasado apenas facíamos boliñas con patas e este ano xa somos quen de facer un corpo ben diferenciado e deternos en detalles como pálpebras, barba, as dedas das mans... 

¡A ver se este ano chega ás nosas casas o Apalpador na mañá do Nadal!














mércores, 27 de novembro de 2013

CÍRCULOS CON KANDINSKY

 Este foi o resultado final

Durante este trimestre estivemos aprendendo de xeito lúdico a nosa primeira figura xeométrica: 
O CÍRCULO.
 Aproveito para agradecervos as vosas achegas familiares para confeccionar o noso mural con obxectos circulares.

Así comezou todo..
O noso traballo pasou por varias fases:  observación, búsqueda e manipulación de obxectos circulares mediante a comparación cos bloques lóxicos; realización de series sinxelas de dous elementos circulares, punteados con rotuladores de cores, calca e estampación de círculos... pero foron tres cousas as que máis nos axudaron a diferenciar A FORMA CIRCULAR: a comparativa da barriga redonda do Polo Pepe, os xogos no ximnasio con aros e corros, e sobretodo, afianzámonos no coñecemento desta figura cos cadros de KANDINSKY; visualizamos vídeos das súas obras xogando a descubrir círculos; traballamos sobre un libro que presenta alguhas das súas obras e finalmente decidimos levar a cabo un traballo en conxunto: reproducimos, ao noso modo, o cadro CIRCULOS CONCÉNTRICOS.
 Traballo paciente por un fin compartido onde todos puxemos o noso gran de area: Gran experiencia!
Pintando o marco do cadro




Pintando un dos círculos para o mural dos obxectos sobre soporte vertical

Descubrindo a técnica do punteado motivado polos pintores impresionistas.

Técnica libre con rotulador

Composición mural dos obxectos circulares, Dona Redonda de verde.

Cada peza deste puzzle é imprescindible para o noso resultado final.

























xoves, 21 de novembro de 2013

RENOVANDO A BIBLIOTECA DE AULA

Aos vilatrasniñ@s de 4 anos gústanos leer contos despois da merenda, pero os que tiñamos na claxe xa os temos aburridos asíque non o pensamos dúas veces e fomos á biblioteca da escola a recoller novos contos e devolver os que xa tiñamos. 












De volta na clase "puzzleamos" un rato que a profe Isa sempre dí que é moi bo facer puzzles,nós non sabemos porqué o dí pero o caso é que o pasamos ben e iso é o que nos importa. Ademáis este ano temos novos puzzles que son moi difíciles pero podémolos facer en grupos así aprendemos uns de outros.





luns, 18 de novembro de 2013

UN MOMENTO IMPORTANTE: DEIXAR O CHUPETE








¿Por qué é conveniente deixar o chupete antes dos 3 anos?
 
A pesar das múltiples vantaxes que ten para os bebés o uso do chupete, chega unha idade en que é conveniente que se despida del para sempre.
O motivo é que, se o seu uso continuado se prolonga máis alá dos 3 anos de idade, pode chegar a ser negativo para o pequeno  por diversas razóns:
·         Co chupete na boca os músculos exercítanse menos polo  que aumenta o babeo e pode orixinarlle dificultades ao comer e retrasar o desenvolvemento da fala.

·         Pode chegar a afectar á súa dentadura. Cando un neno/a introduce a tetina dun chupete na boca e leva a cabo o que os expertos denominan succión non nutritiva (o propósito non é inxerir alimento algún) os dentes centrais inferiores se desvían paulatinamente cara a dentro, mentres que os que se atopan no mesmo plano, pero no maxilar superior, tenden a separarse e a sobresair cara a fóra.

·         Pode frear  un pouco o seu desenvolvemento emocional e social. Se sempre que se sinte triste, aburrido ou desconsolado recorre ao chupete non aprende outras formas de autoconsolo, como entreterse con un xoguete ou demandar cariño ao adulto.

·         Pode facerse dano. Cando empeza a correr e a saltar o risco de caer cara adiante aumenta, co chupete na boca, pode facerse máis dano.

Algunhas ideas para deixar o chupete:

·         Elexir o momento adecuado, unha época na que teñades tempo e paciencia para apoiar ao neno nesa difícil tarefa.
·         Unha vez tomada a decisión de quitarlle o chupete, comunicádello preparándoo con tempo para o acontecemento, darlle seguridade neste proceso é importante, vivencialo como algo positivo ligado a “facerse maior” pode axudar.
·         Preparádevos para aguantar crises e non ceder, poden chegar momentos en que o neno/a chorará e pedirá o chupete desesperadamente. Pero unha vez dado o paso, non se debe recuar.
·         Podédeslle ofrecer un substituto do chupete. O neno/a debe ser gratificado con outra cousa, para demostrarlle qué é maior e precisa cousas de maiores.
·         Non enfadarse con el e non comparalo con outros nenos/as que xa quitaron o chupete, cada un ten o seu ritmo.
·         Se pola noite, está acostumado a durmirse co chupete, introducide un novo ritual que sexa agradable: unha nana, un conto, algo que lle axude a quedarse durmido tranquilamente.

Estratexias imaxinativas:

·         Inventar un conto onde a “fada dos chupetes” virá a recoller o seu porque xa se fixo maior  e lle deixará  un regaliño de neno/a maior.
·         Gardar nunha caixa elementos que usaba de bebé (un cueiro,  roupa de bebé, chupete, biberón..) e deixalo na ventá para que veña “un paxariño”  a levarllo a un bebé recén nacido.
·         Cambiar o chupete por outro elemento asociado a nenos máis maiores, por exemplo, pasar de durmir con chupete a durmir con un peluche para que se sinta acompañado e seguro pese a non ter o chupete.
·         Existen outras opcións como  cortar ou pinchar a tetina para que non sexa agradable de chupar e acaben por deixalo eles sos ou incluso untar  o chupete con algo de vinagre ou limón. 

Recursos:

Existen varios títulos de literatura infantil que tratan sobre o abandono do chupete, acompañar este proceso con libros fará que os nenos/as se sintan identificados coas personaxes dos contos resultándolles máis doado o proceso. Déixovos aquí un enlace onde podedes consultar algúns destes títulos: 


Outra opción cómoda, gratuíta e motivadora é preguntar nas bibliotecas municipais  por libros con esta temática.

Outros enlaces de interese:


MOITO ÁNIMO PARA TODOS/AS OS QUE AÍNDA O USAN PARA DEIXALO, XA SOMOS NENOS MAIORES QUE VAN Á ESCOLA E NON PRECISAMOS O CHUPETE! :D

MaDa.


xoves, 14 de novembro de 2013

PIZZERÍA VILATRASNA


 

 

O luns a nosa clase transformouse nunha pizzería, cadanseu fixo a súa propia pizza e deste xeito tan lúdico e motivador traballamos as mates, contando e clasificando os diferentes ingredientes.

As nenas e nenos o pasaron en grande, e o feito de ter un forno na clase foi toda unha novidade.

Cando xa estaban feitiñas as nosas pizzas, ¡puxémonos as botas!

 

Primeiro botamos aceite, orégano e tomate nas bases.






A continuación engadimos queixo, pavo e gambas.




Metémolas no forno.



E...¡A comer!


A canción do vídeo é "Nena Menciñeira" de Magín Blanco en A Nena e o Grilo na voz de Guadi Galego.

venres, 8 de novembro de 2013

APRENDENDO A RECICLAR


Os vilatrasniñ@s de catro anos andamos a aprender qué cousa é esa da reciclaxe e para iso precisamos da axuda das nosas mascotas da aula,Otto e Carmiña, que nos trouxeron un conto dos Bolechas: "Os Bolechas queren saber qué é o lixo". Despois de escoitar o conto xa soubemos para qué é esa papeleira tan grande que trouxo a profe Isa e o que temos que facer cos papeis que ten dentro... ¡¡¡¡RECICLAR!!!!

Pois alá fomos, ao contenedor de papel que temos xusto diante da porta da escola. ¡Así da gusto!

E.. ¿Cas pilas? Pois o mesmo, na escola temos un contenedor especial para reciclalas e non contaminar a terra que nos alimenta e a auga que nos quita a sede, e así co resto das cousas, xa que existen contenedores especiais para cada tipo de lixo que queramos botar dentro.

Para rematar esta actividade tan interesante coloreamos os contenedores de reciclaxe, e así de paso repasamos as cores.

¡Que non se diga que estes trasniños non cuidan do seu planeta!













xoves, 7 de novembro de 2013

O POLO PEPE E O BISCOITO NA CLASE DE 3 ANOS

                                                        
                                                            
 Música do vídeo da man de A Nena e o Grilo de Magín Blanco; título da canción: Nena menciñeira coa voz de Guadi Galego.                                                        
Todo empezou co libro e a canción do Polo Pepe, nos días de adaptación, facíanos sentir mellor.
Investigamos un pouco máis sobre os ovos, que animais os poñian, os que non, o seu tamaño, o peso.. para iso, servimonos de libros que había na biblioteca da escola e tamén das achegas familiares. 
Trouxemos para a aula plumas de pavo e galiña, descubrimos que eran suaves; mesmo unha era máxica porque escribía con tinta e todo! 
Falamos tamén da alimentación dos polos e das galiñas, trouxen á clase millo, cebada e trigo para ver e tocar. E así foi como chegamos a coñecer que do trigo sae a  fariña, e a fariña xunto cos ovos e outros ingredientes axudáronnos a facer este biscoito do que xa vos pasamos a receita. Lembrades que facía falta 
1 vasiño de aceite
2 vasiños de azucre e
3 vasiños de fariña
así, pouco a pouco, vamos traballando as cantidades asociadas a números.