domingo, 24 de xaneiro de 2016

YOGA E LIBROS

Comezamos o trimestre relaxándonos con yoga. Cando tiñan tres anos, fixemos algunhas sesións de yoga, e dende entón, sae deles solicitar unha sesión. Vos deixo unha imaxe que resume os beneficios desta disciplina nos nenos/as, aínda que na rede podedes atopar información máis completa. Sobre todo nos serve para relaxarnos na aula.  As sesións trancorren con música instrumental tranquila que incita a imaxinar, relaxámonos con luz ténue, tendidos no chan, imaxinando algunha historia que lles vou narrando. A continuación estiramos ben  o corpo e comezamos a facer posturas como as que veredes a continuación, entre outras. 

Por outra banda, esamos dándolle moita importancia á biblioteca de aula, sempre o facemos, pero estas semanas, especialmente. Xa son capaces de manter ordenada constantemente a biblioteca, coidando os libros como se merecen. Dos libros xurde información, agora estamos estudiando cousiñas sobre o corpo, xurde creatividade, como por exemplo, actividades de creación plástica, como a que nos levou a experimentar con vermello, amarelo e azul, elexindo grosores distintos de pincel, e adxuntando posteriormente blanco e negro.




Postura do gato

Postura leñador

Postura leñador



Comezamos a sesión con relaxación imaxinando que viaxamos a unha montaña nevada....


Postura cobra
Postura  árbore.



Collemos inspiración dos contos que lemos para crear, neste caso o conto ROJO, AZUL, AMARILLO.

Novos libros na nosa bibliteca, sempre ordenada. Que responsables!


2 comentarios:

  1. Que maravilla vuelos a todos relaxados, se non o vexo non o creo. Nos ahora tamen facemos algo de yoga na casa, a min costame algo, xa que non doblo tan ben como Ivan pero seguiremos practicando.

    ResponderEliminar
  2. si, é xenial cando enganchan tan ben con algunha activide!

    ResponderEliminar