venres, 27 de novembro de 2015

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO E MAIS

Colaboración coa Conferencia Talento 2015
Clube de lectura espontáneo

Tía  de Alquiler

Moi atentos e atentas

Seguindo os ritmos que nos propoñía Xosé

Como expertos/as percusionistas

Con un globo tamén podemos facer sons, que divertido foi.
Esta semana pasou voando, o luns e o martes estivemos falando sobre o traballo dos papás e mamás, sobre o que poderiamos ser de maiores... elaboramos o mural que vedes na primeira foto para facer entrega á FUNDACIÓN MENIÑOS dos cartos recaudados pola CONFERENCIA TALENTO 2015   http://www.conferencia-sobre-talento.com/ . Este curso, está previsto facer unha actividade familiar sobre os oficios das familias, iremos organizando paseniñamente, chegaravos unha nota.

Na segunda foto vedes un clube de lectura espontáneo, este tipo de clubes fórmanse tras a menrenda, lemos algunhas páxinas en conxunto. Sin forzar, pouco a pouco, voluntariamente.

O resto das imaxes corresponden a un obradoiro con percusión que tivemos o venres. Con obxectos de refugallo e co seu propio corpo, descubriron a musicalidade que pode encerrarse nos obxectos máis cotiáns. O obradoiro correu a cargo de TÍA DE ALQUILER. Este obradoiro foi financiado parcialmente polo Concello de Arteixo.

mércores, 25 de novembro de 2015

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe falamos na clase da importancia de resolver os problemas falando e non pelexando; non é a primeira vez que temos conversas deste tipo durante estes tres anos, pero nunca están demais. Tratamos o tema dende un punto de vista positivo, ofrecendo estratexias para relacionarnos en base á palabra. 
A lectura do conto Rosa Caramelo (kalandraka) fíxonos pensar sobre a importancia da igualdade entre nenos e nenas... un conto que lles encantou, tanto a eles/elas, como a min.

venres, 20 de novembro de 2015

UN CHISQUIÑO DE TODO

Esta semana estivemos centrados no seguinte:

_Plantación de leitugas co subgrupo dos piratas.
_ Elaboración do castañeiro para o MAGOSTO.
_ Lectura do conto relacionado coa educación emocional: El  Monstruo de colores.
_Actividades coa caixa das letras co grupo dos piratas.
_ Elección da ilustración principal que protagonizará o conto que estamos creando. Fixemos a elección mediante votación, anotamos os votos empregando as regletas Cuisinaire.
_Conversamos sobre as profesións, e anotamos as conversas, qué andaremos tramando? 
_Seguimos coas sumas, xa moi motivados coa lectura, precisamente vos conto unha anéctota que está pasando estas semanas cada vez máis na aula:

A modo informal, comecei a ler algún conto, elexido para a ocasión, con algúns nenos/as de xeito individual, por probar, para orientarme máis sobre o seu nivel de madurez lectora. O que sucedeu foi que agora, cada día, se achegan novos nenos e nenas libremente a preguntarme se lemos un libro..  estou encantada de que teñan esa inquietude, esa motivación. Como vos comentei na reunión de inicio de curso, non é bo forzar, e menos en INFANTIL! pero si e bo achegalos ao interese pola lectura. Seguiremos nesta liña a ver ata onde chegamos.

Recoñecemento de palabras relacionadas co outono

Plantación das leitugas

Mans á obra

Formando palabras coa caixa das letras

Creando unha árbore moi outonal

Contando os votos para saber que morcego sería o protagonista do conto que inventamos
Esta semana tivo un pouquiño de todo: lectoescrita, creatividade, emocións, lóxica-matemática, festa temática e xogo simbólico, para mostra este picnic espontáneo co que pechamos esta entrada.
Boa fin de semana!
De picnic!



xoves, 19 de novembro de 2015

MAGOSTO

CASTAÑEIROS  PARA A OCASIÓN

CONTACONTOS CON ANXO MOURE, UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

OS NENOS E NENAS ENCANDILADOS CON ANXO E AS SÚAS AVENTURAS ECOLOXÍSTAS.

O pasado martes celebrouse no colexio a festa do MAGOSTO. 
Foi a ANPA O LOUREIRO a encargada de organizarla. 
Tivemos bo tempo, un luxo poder celebralo fóra! 
Anxo Moure contounos  novas aventuras do Carballo con Botas 
e despois houbo desgustación de castañas e chocolate!

Dende o claustro felicitamos á ANPA  por esta actividade tan proveitosa  e ben organizada.  

venres, 13 de novembro de 2015

ENTRE LEITUGAS, MORCEGOS E CASTAÑAS

As frases que a continuación aparecen en letras maiúsculas, foron traballadas na súa totalidade cos nenos e nenas da aula, pensamos o que queriamos contar, organizamos as frases, pensamos cada letra e pasamos a ordenador, por parellas.

ESTAMOS PLANTANDO LEITUGAS, ESTAS SON AS  DOS  POLICIAS.
Unha vez máis achegamos a natureza á escola, como parte indiscutible dela. Nesta ocasión plantamos leitugas, xa somos uns expertos nesta plantación!  A semana que vén, plantamos co grupo dos piratas. Policías e piratas, sabedes que son os agrupamentos que usamos para desdoblar a clase en certos momentos. Neste sentido natural,  estivemos aproveitando o bo tempo para merendar ao aire libre e para recoller follas secas que motivarán diversas actividades. Axudámonos do libro:

Os nenos e nenas de tres anos viñeron a visitar a nosa aula para contarnos o que aprenderan sobre as plantas, todo un placer recibilos e escoitar os seu coñecementos! podedes voltar cando queirades!



ESTAMOS FACENDO  SUMAS CON FOLLAS 
E CON CASTAÑAS.
Non sempre se precisan  materiais  caros para xogar ou aprender cousas novas, neste caso os materiais naturais, son unha perfecta solución para xogar sumando entre todos/as.

INVENTAMOS UN  CONTO  SOBRE UN MORCEGO PERDIDO NUN BOSQUE FRIO,  OSCURO, TEBROSO
Estas dúas semanas se novembro inciamos un proxecto de centro sobre a luz, dentro del, se enmarca a actividade na que creamos un conto a partir de personaxes proxectadas cunha linterna, traballamos tamén sobre a mesa de luz con letras e con contos que coñeciamos do ano pasado, gracias aos contacontos familia-escola, empregamos os titeres que alguhas familias nos achegastes para recordarlos sobre a mesa de luz.
 

 
Os nenos e nenas de catro anos andan a investigar sobre os caracois, esta semana Ana trouxo dous caracois pequeniños e veu a ensinarlos á nosa clase, quedamos sorprendidos/as de ver como trepaban polo mandilón! 


O pasado luns as caixas das letras viaxaron ás casas, xa con algunhas consoantes para poder formar palabras! que maiores imos! na escola tamén estivemos traballando en pequeno grupo con elas, aquí tedes un vídeo do grupo dos piratas compoñendo palabras que previamente formaramos entre todos/as.


 


Para cerrar esta entrada, vos deixo un vídeo donde se recolle todo o que vos contamos: