mércores, 30 de setembro de 2015

PRESENTACION!

 OLA, SOMOS OS NENOS E NENAS DA AULA DE 5 ANOS DA ESCOLA DE VILARRODIS (ARTEIXO). HOXE VAMOS A ESCRIBIR O NOSO  NOME PARA PRESENTARNOS:


JESÙS, ARÒN, JACOBO, IVÀN, ANDREA, AITOR CHANS, ISABEL, ANA, NOELIA, LIDIA, JONATAN, MARIÑA, IRUNE, NOEMI, SERGIO, SOFÌA, SARA, NOA, AITOR SILVA, RUBÉN.

A PARTIR DE AGORA FAREMOS NÓS ALGUNHAS ENTRADAS DO NOSO BLOG! PARA EMPEZAR FIXEMOS UN "SELFIE":



A sorpresa da que vos falaba na pasada entrada consiste en que, este curso, algunhas entradas do blog seràn elaboradas polos nenos/as. 
Onte fixemos un"selfie" a raìz dunha escenificaciòn do conto dos tres porquiños, xurdíu deles porque estaban apiñados facendo de porquiños mentres viñan tres lobos feroces. Hoxe elaboramos o texto na asamblea, buscamos as letras que o forman e o transcribimos ao ordenador co teclado de cores que temos. É unha actividade moi completa que engloba a tódalas áreas, os pasos que seguimos son os seguintes:

_Pensar e decidir entre todos/as o que queremos contar no blog.
_Elaborar o texto. Primeiro as frases redactadas e a continuación formamos cada palabra, non copiamos simplemente un texto que escribe a mestra. A elaboración é completa, eu fago de guía e axuda simplemente.
_ Transcriben o texto no ordenador, esta vez si que copian, un traballa co teclado e o outro dille que letra  vai  a continuación, aprenden  así as que non saben, usan o espaciado de palabras e aprenden a usar  signos non lingüísticos como as comas, os puntos, as admiracións.. e sobre todo, aprenden a traballar en conxunto.

No vídeo que acompaña podedes  ver como as novas incorporacións forman o puzzle do seu nome en sílabas para unir ao libro dos nomes que usamos cada día na asamblea.  Estamos  a pintar unhas cintas con témpera para confeccionar un soporte para a colección de números que vamos a empezar a ordenar en breve, traballamos cos números das matrículas para expoñelos na clase.




Cada quen puxo o seu nome.

Novos nomes para o libro dos nomes!

Na  pantalla podémolo ver e tocar todo moito mellor

Rematando de identficar con gomets cadansúas vogais.



Agora comeza outubro, un mes cargadiño de cousas interesantes que traballar na escola! ata a seguinte entrada!


Ningún comentario:

Publicar un comentario