Comezamos o curso poñendo en marcha algunhas das actividades que nos van a compañar durante o trimestre e mesmo durante todo o curso.
_ Decoramos as caixas de zapatos que nos achegáchedes, comezamos a clasificar as vogais coas que cada un/ unha traballará, para iso, empregamos gomets distintivos, polo que repasamos clasificacións, figuras xeométricas, e claro está, a identificación das vogais. Aínda que son conceptos xa vistos, convén poñernos ao día. Nas proximas semanas comezaremos a traballar co contido da caixa.
_ Os venres adicamos un tempo para ler e traballar, algún conto interesante, polo de agora, levamos lido a Paco Papán e Titiritesa, ambos da editorial OQO. Reflexionamos sobre eles, cantamos as cancións propias dos contos recollidas en Contos en Cantos da mesma editorial e facemos uns debuxos creativos escribindo palabras clave ou memo o título do conto.
_ A nivel máis profundo, comezamos a traballar co libro A terra acatarrouse da editorial Bahía. Comezamos a tratar o coidado polo medio ambiente, e o tratamento de mapas e globos terráqueos, tendo en conta que temos alumnado procedente de disferentes países, comentamos aspectos espaciais, medios de transporte... Decidimos seguir traballando con mapas e con ideas para coidar o planeta, a ver que sae de aquí.. algunha idea xa rexistramos.
_ As plantas estaban bastante murchas tras o paso do verán, así visualizamos a importancia de coidalas, estivemos reparando un pouco nelas, comprobamos como medraran as raices e as novas incorporacións e algús voluntarios desexaron levar unhra ramiña para poñer en auga e ver como lle saen raíces. Lembrando o o traballo do pasado curso.
_ A nivel grafomotor comezamos co repaso das vogais, introducindo pouco a pouco a minúscula, estivemos coa "i" e comezamos coa "u". Cos números estamos repasando a grafía dos números ata o 6.
_ En canto a lóxica-matemática confeccionamos un mural cos tickets de compra que nos achegastedes. Cada neno/a elexiu un ticket no que rodeou tódolos números que atopou. Saber diferenciar cales son números e cales son letras é un gran avance.
_ Por otra banda decidimos emprender un reto importante este ano, imos a probar, a ver como vai saíndo, polo momento non vos adianto nada máis, será sorpresa.
O resultado final. |
Elexindo tickets para buscar números. |
Vendo o resultado do mural conxunto. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario