domingo, 22 de decembro de 2013

FELIZ NADAL !!


 



BO NADAL TRASNIÑOS/AS!!

 Se algunha vez tedes a oportunidade de ver a Anxo Moure como contacontos, non perdades a ocasión. Sempre recomendable para os nenos/as.

venres, 20 de decembro de 2013

¡BO NADAL!

BENQUERIDAS FAMILIAS VOS DESEXAMOS UN BO NADAL E TODO O MELLOR PRA O VINDEIRO ANO 2014, SOBRETODO MOITA FELICIDADE E... ¡MILLONS DE APERTAS!












QUEREMOS MANDALLES UNHA ENORME APERTA AOS TRASNIÑ@S QUE NON VIÑERON Á ESCOLA ESTES DÍAS : IVÁN, XOEL, ARIADNA, NOA E JEAN PAUL.











martes, 17 de decembro de 2013

DESPEDIMOS AO POLO PEPE

Piratas voando coa imaxinación

O Polo Pepe leva con nós todo o trimestre, axudounos moito  para sentirnos alegres nos primeiros días e añorar menos á familia, a el lle debemos as nosas primeiras investigacións, comezamos a tirar do fío en setembro e durou ata fin do trimestre. Este é o noso primeiro mini-proxecto que sentará as bases para futuras investigacións. Agradecer ás familias as súas achegas: libros, plumas (incluso algunhas escribían e todo!) material sacado de internet, ovos..  foinos de moita utilidade.  
 
Esta pluma escribe de verdade! As galiñas de Jacobo son  máxicas..

Mediante esta investigación conseguimos, entre outros obxectivos, os seguintes:

Motivar os primeiros días de clase para favorecer a integración na escola.
Disfrutar coa lectura dun libro dende idades temperás.
Favorecer a articulación da linguaxe e o desenvolvemento da memoria memoria mediante a canción.
Iniciarse no tratamento de información  mediante libros de información e uso das TIC.
Implicar ás familias  nos procesos de investigación que siguen os ses fillos.
Iniciarse na construcción dos conceptos: moitos/poucos, pesado/lixeiro, suave/áspero e dos números 1 e 2. 
Adquirir hábitos de alimentación saudables: alimentos naturais: ovos e fariña, traballando a súa procedencia.
Desenvolver conceptos básicos sobre as partes dun libro: portada, ilustracións, texto, autor. 

Policías voando coa imaxinación.







A música do vídeo corresponde a Magín Blanco, A Nena e o Grilo.

Teño que dicir que me encantan estas dúas fotos coas plumas, saen tan espontáneos que están para comelos! Fáltanos Ana que ese día estivo maliña.

   

  

martes, 10 de decembro de 2013

PRETO DO NADAL

Estes días na aula de catro anos andamos con moito choio, estamos preto do Nadal e entre todos os traballiños que temos que rematar para a fin do trimestre, a decoración e as novidades na nosa aula...non damos parado!

Para facer a decoración da aula, Otto e Carmiña trouxéronnos un conto dos bolechas que tanto nos gustan. O conto titúlase "Os Bolechas festexan o nadal". despois de escoitalo a nosa profe trouxo un arboliño pequeno para decorar entre todas e todos. Así que cada un puxo o seu adorno na árbore xa que por fin vai chegar o Nadal!!!









A continuación colocamos a nosa nova alfombra de bambú no chan, é unha alfombra especial para escoitar contos...!Qué ben queda! A alfombra viña envolta el papel de boliñas e á nosa mestra non se lle ocurre outra cousa que mandarnos explotar as boliñas disque é para mellorar a nosa motricidade fina.













Despois de preparar e fortalecer as nosas mans fixemos uns debuxos navideños.



E por se fora pouco vimos uns debuxos animados do Nadal que agora temos cortinas novas na aula e oscurécenna tanto que parece que mesmo estamos no cinema!





xoves, 5 de decembro de 2013

SOBRE PEIXES E PRAIAS


Como sabedes, a escola participa no programa medioambiental VOZ NATURA, este curso andaremos a voltas co coidado de ríos e praias, tamén prantaremos unha horta durante a primavera como xa ven sendo tradición na escola. 

Polo de agora, na clase de 3 anos, comezamos a mergullarnos na temática marina mediante unha maleta de libros que misteriosamente apareceu na nosa clase unha mañá.
Exploramos individualmente os libros e,  coa axuda de Beti, montouse unha exposición no corredor para que os nenos/as das outras clases poidan acceder tamén a estes fondos prestados por Bibliotecas Municipais.

Un bo día, viñeron a traer area ao noso patio, levamos unha sorpresa grande, parecía unha praia! a sorpresa foi maior cando puidemos xogar con cubos e palas! ter a praia na escola.. quen ía decir que iso é posible...

Na clase temos 2 peixes aos que cada día coidamos dándolles alimento; cando a auga se volve suxa, debemos cambiala, así que entre todos nos poñemos mans a obra. A semana pasada chegaron á clase unhas pedriñas de plástico para facerlles unha "cama" aos peixes, contamos dúas pedriñas cada un para botar á auga e disfrutamos moito vendo como o peixe grande xogaba coa súa nova "cama". Que sorte! con estes peixes aprendemos conceptos (Grande, Pequeno), vocabulario novo (escamas, aletas..) e incluso "mates" contando as pedras que temos que botar (Dentro, non Fóra).

Trátase dun traballo diario conxunto no que o trasfondo é a responsabilidade, a cooperación e o respeto polos animais.

Aquí vos deixo un vídeo que ilustra o que vos conto.
Música a cargo de Magín Blanco en A nena e o Grilo.


xoves, 28 de novembro de 2013

O APALPADOR

Xusto cando faltaba un mes pra o Nadal falamos na clase dun personaxe propio da nosa tradición e cultura galega: O Apalpador.

O Apalpador é un home que vive no Caurel, de oficio carboeiro e amante da natureza. Polo Nadal vaixa ás casas dos nenos e nenas e coidadosamente apálpalles a barriga para ver se están ben matidos e déixalles como agasallo castañas asadas e xoguetes de madeira artesanais.

Para coñecer ben a este personaxe esciotamos atentamente o conto "Antón e o Apalpador", sacado da biblioteca da escola, despois escribimos o seu nome nun folio co que traballamos de xeito significativo a lectoescritura e a continuación debuxamos ao Apalpador, repasando así o esquema corporal.  ¡Cómo melloraron os nosos debuxos do corpo!...O curso pasado apenas facíamos boliñas con patas e este ano xa somos quen de facer un corpo ben diferenciado e deternos en detalles como pálpebras, barba, as dedas das mans... 

¡A ver se este ano chega ás nosas casas o Apalpador na mañá do Nadal!














mércores, 27 de novembro de 2013

CÍRCULOS CON KANDINSKY

 Este foi o resultado final

Durante este trimestre estivemos aprendendo de xeito lúdico a nosa primeira figura xeométrica: 
O CÍRCULO.
 Aproveito para agradecervos as vosas achegas familiares para confeccionar o noso mural con obxectos circulares.

Así comezou todo..
O noso traballo pasou por varias fases:  observación, búsqueda e manipulación de obxectos circulares mediante a comparación cos bloques lóxicos; realización de series sinxelas de dous elementos circulares, punteados con rotuladores de cores, calca e estampación de círculos... pero foron tres cousas as que máis nos axudaron a diferenciar A FORMA CIRCULAR: a comparativa da barriga redonda do Polo Pepe, os xogos no ximnasio con aros e corros, e sobretodo, afianzámonos no coñecemento desta figura cos cadros de KANDINSKY; visualizamos vídeos das súas obras xogando a descubrir círculos; traballamos sobre un libro que presenta alguhas das súas obras e finalmente decidimos levar a cabo un traballo en conxunto: reproducimos, ao noso modo, o cadro CIRCULOS CONCÉNTRICOS.
 Traballo paciente por un fin compartido onde todos puxemos o noso gran de area: Gran experiencia!
Pintando o marco do cadro




Pintando un dos círculos para o mural dos obxectos sobre soporte vertical

Descubrindo a técnica do punteado motivado polos pintores impresionistas.

Técnica libre con rotulador

Composición mural dos obxectos circulares, Dona Redonda de verde.

Cada peza deste puzzle é imprescindible para o noso resultado final.