Piratas voando coa imaxinación |
O Polo Pepe leva con nós todo o trimestre, axudounos moito para sentirnos alegres nos primeiros días e añorar menos á familia, a el lle debemos as nosas primeiras investigacións, comezamos a tirar do fío en setembro e durou ata fin do trimestre. Este é o noso primeiro mini-proxecto que sentará as bases para futuras investigacións. Agradecer ás familias as súas achegas: libros, plumas (incluso algunhas escribían e todo!) material sacado de internet, ovos.. foinos de moita utilidade.
Esta pluma escribe de verdade! As galiñas de Jacobo son máxicas.. |
Mediante esta investigación conseguimos, entre outros obxectivos, os seguintes:
Motivar os primeiros días de clase para favorecer a integración na escola.
Disfrutar coa lectura dun libro dende idades temperás.
Favorecer a articulación da linguaxe e o desenvolvemento da memoria memoria mediante a canción.
Iniciarse no tratamento de información mediante libros de información e uso das TIC.
Implicar ás familias nos procesos de investigación que siguen os ses fillos.
Iniciarse na construcción dos conceptos: moitos/poucos, pesado/lixeiro, suave/áspero e dos números 1 e 2.
Adquirir hábitos de alimentación saudables: alimentos naturais: ovos e fariña, traballando a súa procedencia.
Desenvolver conceptos básicos sobre as partes dun libro: portada, ilustracións, texto, autor.
Policías voando coa imaxinación. |
A música do vídeo corresponde a Magín Blanco, A Nena e o Grilo.
Teño que dicir que me encantan estas dúas fotos coas plumas, saen tan espontáneos que están para comelos! Fáltanos Ana que ese día estivo maliña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario