xoves, 5 de decembro de 2013

SOBRE PEIXES E PRAIAS


Como sabedes, a escola participa no programa medioambiental VOZ NATURA, este curso andaremos a voltas co coidado de ríos e praias, tamén prantaremos unha horta durante a primavera como xa ven sendo tradición na escola. 

Polo de agora, na clase de 3 anos, comezamos a mergullarnos na temática marina mediante unha maleta de libros que misteriosamente apareceu na nosa clase unha mañá.
Exploramos individualmente os libros e,  coa axuda de Beti, montouse unha exposición no corredor para que os nenos/as das outras clases poidan acceder tamén a estes fondos prestados por Bibliotecas Municipais.

Un bo día, viñeron a traer area ao noso patio, levamos unha sorpresa grande, parecía unha praia! a sorpresa foi maior cando puidemos xogar con cubos e palas! ter a praia na escola.. quen ía decir que iso é posible...

Na clase temos 2 peixes aos que cada día coidamos dándolles alimento; cando a auga se volve suxa, debemos cambiala, así que entre todos nos poñemos mans a obra. A semana pasada chegaron á clase unhas pedriñas de plástico para facerlles unha "cama" aos peixes, contamos dúas pedriñas cada un para botar á auga e disfrutamos moito vendo como o peixe grande xogaba coa súa nova "cama". Que sorte! con estes peixes aprendemos conceptos (Grande, Pequeno), vocabulario novo (escamas, aletas..) e incluso "mates" contando as pedras que temos que botar (Dentro, non Fóra).

Trátase dun traballo diario conxunto no que o trasfondo é a responsabilidade, a cooperación e o respeto polos animais.

Aquí vos deixo un vídeo que ilustra o que vos conto.
Música a cargo de Magín Blanco en A nena e o Grilo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario