Aproveitando o coñecemento
que xa temos das regretas e do valor de cada unha delas, xogamos con elas
primeiro na PDI (pantalla dixital interactiva), e logo manipulándoas para
realizar libremente diferentes sumas, sempre progresando das máis sinxelas ás
máis complexas.
Aquí descubrimos que para
poder sumar COMPRENSIVAMENTE, temos que traballar antes a DESCOMPOSICIÓN de
cada número. Así descubrimos por exemplo, que o número 4 podémolo descompor en
diferentes regretas : 1+1+1+1 ou 1+3 ou 2+2 …Facer isto divírtenos , axúdanos a
comparar entre nós os resultados que imos obtendo, e lévanos a sumar de maneira
significativa e sen darnos conta, que é a mellor maneira de adquirir o
coñecemento matemático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario