Aproveitando o moito que nos gusta recortar e facer
colares, fixemos unha actividade para reforzar a motricidade fina. Movendo os
dedos con axilidade, imos ter maior facilidade para debuxar e pintar, así como
para escribir as letras e números que imos
aprendendo.
Aquí tedes unhas imaxes da secuencia…primeiro
organizámonos en grupos, logo falamos dos riscos de cortar anacos moi pequenos
e por último puxémonos a recurtar e finalmente a ensartar. Resultou moi
divertido!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario