xoves, 26 de febreiro de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. ROCÍO A NAI DE ARI.

O pasado luns veu contarnos un conto Rocío, a nai de Ari. 

Contounos un coto titulado Paco, un rato que rompeu os dentes ao intentar probar a lúa. despois de escoitar o conto cantámoslle a rocío unha fermosa canción da lúa e fixemos unha ficha para a cal contamos coa súa axuda.











¡MOITAS GRAZAS ROCÍO!

¡ENTROIDO EN VILATRASNA!

Un ano máis celebramos na nosa escola o entroido; aínda que este ano con algún cambio.

En primeiro lugar xuntámonos tódalas nenas e nenos da escola e desfilamos cos nosos disfraces, unha vez rematado o desfile cada quen se xuntou cos nenos e nenas do seu grupo, segundo a cor que lle tocara e así ben mesturadiños foron pasando por diferentes talleres nos cales fixeron unha maraca con material de refugallo que achegáchedes á escola, un anteface e por último un taller de maquillaxe de festa.

Logo de tanto traballo xuntámonos de novo pra facer unha merenda conxunta e degustar as típicas orellas do entroido.

E por último...¡A xogar! 
















 





venres, 20 de febreiro de 2015

HAPPY CUMPLES





 Os aniversarios de xaneiro de Sara e Lidia e os de febreiro de Irune e Andrea quedan aquí reflectidos, Iván casi chego ao teu, pero non puido ser. Espero celebrar con vos tódolos aniversarios o próximo curso. Unha aperta grande e rica para os meus pequechos/as. Graciñas polo libro de debuxos que me fixestes coa axuda de Beti. Graciñas tamén polas "apertas gratis" que cada día repartimos na clase.
 Familias, facedes o meu traballo mais doado e gratificante coa vosa confianza e colaboración. Moi agradecida quedo do regalo que me fixestes chegar.

 

ENTROIDO 2015




Aquí  vos deixo unhas imaxes da celebración do Entroido. Os días anteriores estivemos motivando a festa con disfraces adquiridos pola escola que xa forman un novo recuncho de xogo na aula. Vestir e espir axuda a mellorar a súa autonomía así como o xogo con disfraces favorece a imaxinación no xogo simbólico. O día da festa  posamos, desfilamos, pasamos por talleres en grupos de idades mesturadas (música, plástica, maquillaxe) e merendamos orellas típicas destas datas. Toda unha festa sen pasar nin unha miaxiña de frío.

xoves, 12 de febreiro de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. ALBERTO, O PAI DE ALBERTO.


 Hoxe veu visitarnos o pai de Alberto, que tamén se chama Alberto e que veu contarnos o conto titulado Croco, por un momento pensamos que o mismísimo Croco era o que nos estaba contando o conto! Qué ben o pasamos e canto nos gustou o conto. Despois voltamos a nosa aula e pegamos ao noso Croco nun lago que cada quen fixo ao seu gusto.










 ¡MOITAS GRAZAS ALBERTO!

venres, 6 de febreiro de 2015

MOVENDO OS DEDOS


Aproveitando o moito que nos gusta recortar e facer colares, fixemos unha actividade para reforzar a motricidade fina. Movendo os dedos con axilidade, imos ter maior facilidade para debuxar e pintar, así como para  escribir as letras e números que imos aprendendo.

Aquí tedes unhas imaxes da secuencia…primeiro organizámonos en grupos, logo falamos dos riscos de cortar anacos moi pequenos e por último puxémonos a recurtar e finalmente a ensartar. Resultou moi divertido!!








Sumando coas REGRETAS no taller de Bety





 Aproveitando o coñecemento que xa temos das regretas e do valor de cada unha delas, xogamos con elas primeiro na PDI (pantalla dixital interactiva), e logo manipulándoas para realizar libremente diferentes sumas, sempre progresando das máis sinxelas ás máis complexas.

Aquí descubrimos que para poder sumar COMPRENSIVAMENTE, temos que traballar antes a DESCOMPOSICIÓN de cada número. Así descubrimos por exemplo, que o número 4 podémolo descompor en diferentes regretas : 1+1+1+1  ou 1+3  ou 2+2 …Facer isto divírtenos , axúdanos a comparar entre nós os resultados que imos obtendo, e lévanos a sumar de maneira significativa e sen darnos conta, que é a mellor maneira de adquirir o coñecemento matemático.






martes, 3 de febreiro de 2015

Descubrindo os MANDALAS no taller de Bety




Cando comezamos a traballalos a palabra resultounos un pouco estraña, pero se nos preguntades agora,  seguro vos saberemos explicar o que son.

O mandala danos moitas posibilidades:

-Falar das formas xeométricas que coñecemos.
-Ver que si nos esmeramos en observar podemos ver formas que nunca descubrimos na primeira vez que as vemos.
-Pensar nas combinacións de cores que máis nos gustan , ou que mellor quedan.
-Escoller a nosa “particular creación” pois aínda que as formas son iguais, o meu mandala non é igual a ningún outro.

Por último, e non menos importante, facendo os mandalas traballamos a capacidade de concentración, melloramos a nosa  atención e vemos que hai actividades que cando estamos máis inquedos axudan a relaxarnos.

Esperamos que ocupen un lugar na nosa habitación!!