Como xa puidestes ver nunha entrada anterior, dende finais do primeiro trimestre vimos desenvolvendo un proxecto de investigación sobre as plantas. Enmarcámolo dentro de Voz Natura, vamos a cotarvos o que estivemos aprendendo ata o de agora.
Temos un recuncho con plantas, tiñamos dúas alegrías e un aloe vera, vimos as diferentes características de ámbalas dúas plantas, semellanzas, diferencias, utilidades, partes, coidados... Comprobamos que a alegría estaba tan grande que se lle saían as raíces do testo... decidimos que podiamos plantar cada un unha alegría que levaremos para a casa. Así comezou un proceso longo que consitíu na observación de como mediante un talo desta planta sumerxido en auga abrollaban raíces. Fixemos grupos contando nenos, talos, vasos con auga.. traballando conceptos matemáticos e, finalmente, cada quen deixou o seu talo en auga todo o Nadal para que medraran as raíces. Decorarmos os testos e os pratiños con témpera e co noso nome estampado cuns selos, traballando tamén a lectoescrita. Un por un fomos plantando a nosa "alegría", esperemos que nos traia moitas satisfaccións!
Unha das preguntas que xurdía era qué necesitaban as plantas para vivir? e comprobamos mediante experimentos que precisan, fundamentalmente, tres cousiñas:
Terra: plantamos as lentellas e xerminaron, como vimos na entrada anterior, pero logo, sin terra, quedaron murchas e acabaron secando, tiñan auga e luz, pero non lles chegou.
Auga: As alegrías precisan auga a miúdo, cando marchamos de vacacións de Nadal, ninguén as regou, e puidemos comprobar como murcharon sin auga, rápidamente as regamos e recuperaron axiña.
Luz solar: comprobamos como as plantas son quen de moverse paulatinamente cara a luz solar.
Por outra banda descubrimos que hai plantas que nos axudan a curar as nosas feridiñas, así que o estamos a empregrar un pouquiño de aloe vera cando temos algunha.
Outras plantas tamén axudan a curar por dentro, ou as toman as persoas adultas para estar máis espertos ou ben, máis tranquilos. Así, descubrimos a macela, a tila, o té, a menta... comprobamos visualmente as súas diferencias e os seus cheiros agradables. Posteriormente aventurámonos a mollar os beizos e comprobar cómo sabe a tila e a menta. Recollinos os nosos gustos nunhas táboas recoñecendo o noso nome e aprendendo a ler as táboas de dobre entrada.
As plantas están a diario nas nosas dietas, na clase experimentamos co millo, fixemos flocos de millo que fixo as delicias de todos e todas co seu arrecendo e sabor!
Aínda non damos por rematado este proxecto, estamos elaborando un libro con todo o aprendido que poderedes ver nas vosas casas, empezamos a ver cousiñas sobre os insectos... e outros animais que rondan as plantas, contamos patas.. recortamos nomes, pegamos debuxos...
Que importante o contacto e vinculación dos nenos e nenas coa natureza! Ao fin e ao cabo é conectalos coa vida.
Que importante o contacto e vinculación dos nenos e nenas coa natureza! Ao fin e ao cabo é conectalos coa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario