Continuando co traballo
das emocións e aprendendo a pensar, fixemos esta actividade na que se reparte
unha lámina de arte para cada neno e nena e logo de observala durante un tempo
en silencio teñen que colocala debaixo dunha emoción. Ofréceselles tres posibilidades;
medo, tristeza e alegría. Tres emocións
que coñecen ben.
Unha vez colocada a lámina deben argumentar a
súa decisión, explicar porqué esa lámina lles produciu medo, tristeza ou alegría. Non hai acertos nin desacertos, cada quen pode sentir a arte do seu
xeito, o importante é o traballo de pensar, razoar e argumentar.
|
SE REPARTEN AS LÁMINAS... |
|
AÍNDA NON SE PODEN VER... |
|
DÁMOSLLE A VOLTA... |
|
OBSERVÁMOLAS EN SILENCIO... |
|
ARGUMENTAMOS A NOSA DECISIÓN... |
|
QUE TODOS VEXAN O QUE NOS TOCOU... |
|
COLOCAMOS A LÁMINA DEBAIXO DA EMOCIÓN ELEXIDA... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario