luns, 26 de xaneiro de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. MAR, A NAI DE HUGO.

Hoxe veu á escola Mar, a nai de Hugo e contounos o conto titulado Coas mans baleiras. Neste conto a súa protagonista non sabe qué agasallo facerlle ao seu amigo polo aniversario, despois de moito pensar descubre que o mellor agasallo é ela mesma, a súa presenza. Disfrutamos moito do conto e aprendemos que estar rodeados de persoas que nos queren é máis importante que estar cheos de xoguetes, celebramos esta aprendizaxe dándonos unhas boas apertas.

As ilustacións deste conto son de temática mariñeira e como a contacontos chámase Mar decidimos cantarlle a canción de piratas de Pablo Díaz que estamos aprendendo estes días na escola.







¡MOITAS GRAZAS MAR!

domingo, 25 de xaneiro de 2015


Como xa puidestes ver nunha entrada anterior, dende  finais do primeiro trimestre vimos desenvolvendo un proxecto de investigación sobre as plantas. Enmarcámolo dentro de Voz Natura,  vamos a cotarvos  o que estivemos aprendendo ata o de agora. 

Temos un recuncho con plantas, tiñamos dúas alegrías e un aloe vera, vimos as diferentes características de ámbalas dúas plantas, semellanzas, diferencias, utilidades, partes, coidados... Comprobamos que a alegría estaba tan grande que se lle saían as raíces do testo...  decidimos que podiamos plantar cada un unha alegría que levaremos para a casa. Así comezou un proceso longo que consitíu na observación de como mediante un talo desta planta sumerxido en auga abrollaban raíces.  Fixemos grupos contando nenos, talos, vasos con auga.. traballando conceptos matemáticos e, finalmente, cada quen deixou o seu talo en auga todo o Nadal para que medraran as raíces. Decorarmos os testos e os pratiños con témpera e co noso nome estampado cuns selos, traballando tamén a lectoescrita. Un por un fomos plantando a nosa "alegría", esperemos que nos traia moitas satisfaccións!

Unha das preguntas que xurdía era qué necesitaban as plantas para vivir? e comprobamos mediante experimentos que precisan, fundamentalmente, tres cousiñas: 
Terra: plantamos as lentellas e xerminaron, como vimos na entrada anterior, pero logo, sin terra, quedaron murchas e acabaron secando, tiñan auga e luz, pero non lles chegou. 
Auga:  As alegrías precisan auga a miúdo, cando marchamos de vacacións de Nadal, ninguén as regou, e puidemos comprobar como murcharon sin auga, rápidamente as regamos e recuperaron axiña.
Luz solar: comprobamos como as plantas son quen de moverse paulatinamente cara a luz solar.

Por outra banda descubrimos que hai plantas que nos axudan a curar as nosas feridiñas, así que o estamos a empregrar  un pouquiño de aloe vera cando temos algunha.

 Outras plantas tamén axudan a  curar por dentro, ou as toman as persoas adultas para estar máis espertos ou ben, máis tranquilos. Así, descubrimos a macela, a tila, o té, a menta...  comprobamos visualmente as súas diferencias e os seus cheiros agradables. Posteriormente aventurámonos a mollar os beizos e comprobar cómo sabe a tila e a menta. Recollinos os nosos gustos nunhas táboas recoñecendo o noso nome e aprendendo a ler as táboas de dobre entrada. 

As plantas están a diario nas nosas dietas, na clase experimentamos co millo, fixemos flocos de millo que fixo as delicias de todos e todas co seu arrecendo e sabor! 

Aínda non damos por rematado este proxecto, estamos elaborando un libro con todo o aprendido que poderedes ver nas vosas casas, empezamos a ver cousiñas sobre os insectos... e outros animais que rondan as plantas, contamos patas.. recortamos nomes, pegamos debuxos...

Que importante o contacto e vinculación dos nenos e nenas coa natureza! Ao fin e ao cabo é conectalos coa vida.




martes, 20 de xaneiro de 2015

CONTANDO EN FAMILIA. CAROL, A TÍA DE ÁNGEL ÁLVAREZ.

Os vilatrasniñ@s de cinco anos estamos felices xa que cada luns vai vir un familiar noso a contarnos un conto!

A primeira en vir foi Carol, a tía de Ángel Álvarez, contounos o conto titulado Tres chivos chivones empregando monicreques feitos por ela ca axuda de Ángel.

Logo de escoitar o conto na biblioteca da escola voltamos á nosa aula onde escribimos o título do conto e coloreamos un chivo chivón.

¡MOITAS GRAZAS CAROL!












luns, 19 de xaneiro de 2015

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O xoves 15 de xaneiro recibimos na nosa clase a visita de Cristina que veu a facer con nós un obradoiro pola igualdade.
Entre as diferentes actividades escoitaron o conto de Rosa caramelo, conto que algúns de vós coñecedes polo préstamo da fin de semana.
O obxectivo de este conto e do obradoiro en si é desenrolar un pensamento crítico, desfacer estereotipos sexistas e reflexionar sobre se debe haber diferencia nos xogos, no xeito de vestir e en definitiva no xeito de vivir polo mero feito de ser neno ou nena.












Algunhas das conclusións que sacamos deste obradoiro foron:

  • As nenas tamén poden xogar ao fútbol.
  • Non hai cores de nenos e de nenas.
  • O único xeito de diferenciar nenos e nenas é polo pene e a vulva.
  • Os nenos poden levar pelo largo e as nenas o pelo corto.
  • Os nenos tamén poden xogar con bonecas.
  • NENOS E NENAS SOMOS IGUAIS E TEMOS OS MESMOS DEREITOS!

luns, 12 de xaneiro de 2015

APRENDENDO A PENSAR



Continuando co traballo das emocións e aprendendo a pensar, fixemos esta actividade na que se reparte unha lámina de arte para cada neno e nena e logo de observala durante un tempo en silencio teñen que colocala debaixo dunha emoción. Ofréceselles tres posibilidades; medo, tristeza e alegría. Tres emocións que coñecen ben.

Unha vez colocada a lámina deben argumentar a súa decisión, explicar porqué esa lámina lles produciu medo, tristeza ou alegría. Non hai acertos nin desacertos, cada quen pode sentir a arte do seu xeito, o importante é o traballo de pensar, razoarargumentar.


SE REPARTEN AS LÁMINAS...

AÍNDA NON SE PODEN VER...

DÁMOSLLE A VOLTA...

OBSERVÁMOLAS EN SILENCIO...




ARGUMENTAMOS A NOSA DECISIÓN...

QUE TODOS VEXAN O QUE NOS TOCOU...

COLOCAMOS A LÁMINA DEBAIXO DA EMOCIÓN ELEXIDA...











mércores, 7 de xaneiro de 2015

NADAL EN VILATRASNA


A puntiño de comezar novo trimestre na escola  vos deixo unhas imaxes de como pechamos o ano en Vilatrasna.