venres, 28 de novembro de 2014

NADAL SOLIDARIO




A escola decidiu colaborar con unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas mediante a xestión do Centro Comercial Aberto de Arteixo. 
Cada neno/a elaborou unha postal coa axuda da súa profe, as nosas son as que podedes ver nas imaxes.  As postais estarán situadas nalgún comercio do que vos informaremos puntualmente;  poderedes trocar  a postal do voso neno/a  por un kilo de comida non perecedeira. 

Fixémolas con moito agarimo! esperamos que vos gusten!












venres, 21 de novembro de 2014

INVESTIGAMOS SOBRE AS PLANTAS

 
Comezamos a investigar sobre o mundo das plantas. Deixovos algunha transcripción dalgunhas das ideas previas que xurdiron o primeiro día que falamos do tema:

  • Ás prantas hai que darlles de beber, hai que regalas porque as raices beben, así medran.
  • As flores saen da terra, das plantas, da herba.. (seguiremos investigando este tema). 
  • As plantas serven para: para plantar, para coidar, para as vodas, para que den flores, para comer os animais (coellos, vacas, cabalos..),  tamén os humanos comen brocoli, leituga, cenoria...
  • Os animais que comen herba chámanse herbívoros.

Para observar como xermina unha semente plantamos por parellas lentellas, nas fotos estamos comprobando como medran; podemos distinguir claramente as partes das plantas: raíz, talo e follas.

No noso recuncho natural contamos tamén con un ALOE VERA  co que descubrimos que algunhas prantas serven para cicatrizar máis rápido as pequenas feridiñas que nos facemos.

Contamos tamén con unha ALEGRÍA que nos acaba de regalar dúas flores fuxias preciosas. 

Igual que facemos co noso peixiño, coidaremos estas plantas na aula, aprendendo respecto e responsabilidade polo medio natural e animal. 

Esta semana que entra, poñeremos en auga ramiñas de ALEGRÍA para que lles sallan raíces e poder plantar cadansúa ALEGRÍA.




domingo, 2 de novembro de 2014

SAMAIN E MAGOSTO 2014

Para a celebración do SAMAÍN  e o MAGOSTO preparamos dúas cancións, a segunda delas relacionada con un conto.

canción dos esqueletes 

Lobo Feroz Contos en Cantos OQO






Gracias de novo pola vosa colaboración na exposición de cabazas, cada ano saen máis orixinais! 

NA EXPOSICIÓN DE CABAZAS

PELANDO E COMENDO CASTAÑAS
ACTUACIÓN

ANTES DE MARCHAR CO CASTAÑEIRO PARA A CASA




APERTAS GRATIS


Familias:
 aquí vos deixo un vídeo grabado hai unhas semanas, presenta unha actividade rutinaria na aula sobre a educación emocional. 
Temos un carteliño que o encargado emprega cada día na asamblea se desexa unha aperta de alguén, ademáis, en calquera momento da xornada, se sentimos a necesidade de ofrecer ou recibir apertas, podemos acudir ao cartel para facer saber ao resto que ofrecemos:

APERTAS GRATIS.

Con esta actividade preténdese desenvolver actitudes de axuda, colaboración e comprensión entre os nenos e nenas, fomentando a amizade e a resolución pacífica de conflitos.